Isaac Merritt Singer, Pittstown (Nova York) o 26 de outubro de 1811 e finado en Paignton (Devon) o 23 de xullo de 1875, foi un inventor estadounidense, actor e empresario. Realizou importantes melloras no deseño da máquina de coser e foi o fundador de Singer Sewing Machine Company (Compañía de máquinas de coser Singer). Varios inventores patentaron máquinas de coser antes ca el, mais o seu éxito baseouse na practicidad da súa máquina, a facilidade coa que podía ser adaptada para o uso doméstico e que podía ser pagada a prazos.

Infotaula de personaIsaac Singer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1811 Editar o valor em Wikidata
Pittstown, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xullo de 1875 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Paignton (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTorquay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventor , actor de teatro , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeIsabella Eugénie Boyer (pt) Traducir (1863–valor descoñecido)
Catharine Maria Haley (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosWinnaretta, Princesse Edmond de Polignac (pt) Traducir, Mortimer Singer (pt) Traducir, Isabelle Singer (en) Traducir, Paris Singer, Washington Singer, Franklin Morse Singer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAdam Singer (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Ruth Benson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Singer-609 Find a Grave: 33598167 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Singer naceu en Pittstown, Nova York, e era o fillo máis novo do inmigrante saxón Adam Singer (nado Reisinger) e da súa primeira esposa Ruth Benson. Os seus pais divorciáronse en 1821 cando tiña 12 anos, o que lle produciu certos problemas emocionais e fixo que tivese que abandonar a luxosa mansión onde vivía e trasladarse a Oswego co seu irmán máis vello. Alí estudou, logo do cal se ocupou durante sete anos en empregos precarios ata os 19 anos, cando sendo aprendiz de mecánico descubriu a súa vocación como actor de teatro. Os seus ingresos viñan do seu traballo como mecánico, tanto como do de actor. En 1830 casou con Catherine Maria Haley.

En 1835 mudouse con Catherine e o seu fillo William a Nova York onde comezou a traballar nunha editorial. En 1836 deixou a cidade para ir como axente de actores a Baltimore, onde coñeceu a Mary Ann Sponsler, a quen lle propuxo matrimonio. Volveu a Nova York, onde el e Catherine tiveron unha filla, Lillian, nada en 1837.

Despois de que Mary Ann chegase a Nova York e descubrise que Singer xa estaba casado, ela e Singer volveron a Baltimore, onde simularon ser matrimonio. O seu fillo Isaac naceu en 1837.

Carreira editar

En 1839 Singer conseguiu a súa primeira patente por unha máquina para tradear pedras vendida por 2000 dólares. Isto era máis diñeiro do que gañara na súa vida e debido ao seu éxito financeiro, optou por volver á súa carreira como actor. Foi de xira durante cinco anos, formando un grupo teatral, "Merritt Players", en que actuaba baixo o nome de Isaac Merritt. Mary Ann tamén participou nalgunhas actuacións, facéndose chamar "Sra. Merritt".

En 1844 conseguiu un emprego nunha imprenta en Fredericksburg, Ohio, aínda que se mudou en pouco tempo a Pittsburgh en 1846 para fundar unha tenda de madeira para fabricar teclas de madeira e sinais. En Pittsburgh descubriu e patentou unha «máquina para tallar madeira e metal» o 10 de abril de 1849.

Con 38 anos, tendo dúas esposas e oito fillos, mudouse coa súa familia de volta a Nova York, esperando facer negocio coa súa máquina nesta cidade. Obtivo un adianto para construír un prototipo, para desta maneira conseguir unha oferta para comercializar o seu invento en Boston. A Boston foi onde se mudou en 1850 para vender a súa invención na tenda de Orson C. Phelps, onde Lerow e Blogett estaban a construír máquinas de coser. Phelps pediulle a Singer que as observase, xa que eran difíciles de usar e fabricar. Singer descubriu que a máquina de coser sería máis fiable se o lanzador se movía en liña recta e a agulla era recta.

Singer obtivo diñeiro, outra vez, de George B. Zieber, co que chegou a ser compañeiro, ademais de con Phelps, na fabricación da «máquina de coser de Jenny Lind», chamada así en homenaxe á soprano sueca Jenny Lind. Recibiu a patente para mellorar a máquina de coser o 12 de agosto de 1851. Cando se empezou a vender, o modelo de Singer impúxose ao de Jenny Lind, por tratarse dun modelo máis práctico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar