Isaac Bashevis Singer
Isaac Bashevis Singer (en yidish: יצחק באַשעװיס זינגער), nado en Leoncin ou Radzymin, segundo algunhas fontes (Polonia, nesa época forma parte do Imperio ruso) o 21 de novembro de 1902 e finado en Miami, Florida o 24 de xullo de 1991, foi un escritor xudeu e cidadán polaco. En 1978 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.
Traxectoria
editarSinger daba como a súa data de nacemento o 14 de xullo de 1902, aínda que se cre que naceu o 21 de novembro de 1902. En todo caso no ano 2004 celebrouse o centenario do seu nacemento.
Singer era fillo e neto de rabinos e irmán do novelista Israel Yehoshua Singer. Creceu no barrio xudeu de Varsovia -rodeado por un recorrente escenario de violencia antisemita en forma de pogroms-[1] onde se falaba yidish. Casou con Runia Shapira, con quen tivo un fillo, Israel. En 1935 e ante o temor da ofensiva nazi[1] emigrou ós Estados Unidos e separouse da súa esposa. Neste país comezou a escribir como xornalista e columnista de The Daily Forward, un diario dirixido á colectividade xudía de Nova York escrito en Yidish. Singer escribiu case toda a súa obra en yidish.
En 1940 Singer casou con Alma Haimann, con quen viviu até a súa morte.
Ademais do Nobel, outorgóuselle o National Book Award en 1973.
Traducións ao galego
editar- O Golem (Xerais, 1989), tradución de Anxo Romero Louro
- O mago de Lublin (Rinoceronte, 2019), tradución de Moisés Barcia.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isaac Bashevis Singer |