Irqata foi unha cidade de Amurru, entre Sumur e Ardata, na parte sur da chaira de Akkar, na zona raiana moderna entre o Líbano e Siria. Aparece mencionada nas fontes exipcias desde aproximadamente o -1800, pero estaba habitada desde sobre o -5000. Hoxe chámase Tell Arqa, onde se fixo unha escavación arqueolóxica e ten próximas as de Tell Kazel (Sumur) e Tell Jamous, ambas lixeiramente ao norte. A cidade foi destruída por dous incendios (casuais ou máis probabelmente causados por algún conflito) máis ou menos no -2200. Outro incendio é da metade do século –XV con Tuthmosis III e debeu ser abandonada no século seguinte, non sendo repoboada ata comezar o século -IX.

Modelo:Xeografía políticaIrqata
Imaxe

Localización
Mapa
 34°31′50″N 36°02′45″L / 34.5306, 36.0458
EstadoLíbano
Governorate of Lebanon (en) TraducirAkkar Governorate (en) Traducir
District of Lebanon (en) TraducirAkkar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por

Como lugar avanzado de Sumur, foi unha posición forte exipcia e serviu de base para a conquista de Tunip na metade do século –XV, pero despois a cidade perdeu importancia e quedou en mans dun príncipe local, vasalo de Exipto. Os apiru mataron o rei Aduna de Irqata e ocupárona, e foi a súa primeira conquista na rexión e o inicio do seu poder. Sobre o -1340 volveu a Exipto, pero xa non tiña importancia estratéxica e non foi restaurada, e, pouco despois, debeu caer en mans outra vez dos apiru, xa que o -1330 formou parte do Reino de Amurru, vasalo hitita creado coas posesións dos apiru.