Irmandade Lírica

Co nome de Irmandade Lírica adóitase designar a un grupo de mulleres poetas pertencentes ao Romanticismo que se relacionaron e deron apoio mutuo a través da literatura e do relato das súas inquietudes vitais na España do século XIX.[1] As súas primeiras publicacións foron ao redor de 1840. A figura central foi a poetisa Carolina Coronado.[2] Crearon un corpus compacto de versos de amor dirixidos primordialmente a outras mulleres, a miúdo poetas. Dúas décadas despois, desapareceu esta solidariedade e ademais o seu corpus literario e a súa autoría feminina empezaron a ser desacreditados e ignorados.[3]

Carolina Coronado

Mantiñan unha correspondencia intensa sendo a súa principal promotora Coronado. Así formarían parte deste grupo ademais dela, Vicenta García Miranda, Teresa Verdejo e Durán, Amalia Fenollosa, Rogelia León, Pilar Sinués, Ángela Grassi, Manuela Cambronero, Dolores Cabrera Heredia e Robustiana Armiño, entre outras.[4]

Trazos comúns

editar
 
Ángela Grassi

Naceran en torno ao ano 1820, pertencían a familias da burguesía acomodada, foron autodidactas, coincidiron nos seus intereses poéticos e humanos, nas amizades literarias, en certos puntos xeográficos e en varias publicacións femininas.[1]

O Romanticismo proporcionou ás mulleres, mesmo ás de ideoloxía máis conservadora, a convicción do seu dereito a expresárense a través da lírica, a pesar de que a palabra poetisa se utilizaba para ridiculizar as mulleres que poñían en práctica esta convicción, como expresou Rosario de Acuña no seu poema Poetisa. Necesitaban desafogarse pola asfixia que producía en moitas delas o peche obrigado no ámbito doméstico.[5]

As mulleres que se atreveron a escribir e tentaron ser escritoras recoñecidas tiveron que enfrontarse ás adversidades culturais e históricas que as relegaban a un segundo plano. Por iso, desenvolveron estratexias que as axudaron a sobrevivir como autoras.[6] Tres foron as pioneiras: Josefa Massanés, Gertrudis Gómez de Avellaneda e Carolina Coronado, que publicaron libros entre 1841 e 1843. O que facían primeiro era publicar nunha revista e, despois, pasaban as súas creacións a un libro de poesía, para o que foi importante a axuda de escritoras xa consagradas.[5]

Publicaron en innumerables revistas especializadas para mulleres. Varias escritoras chegaron a ser directoras destas revistas: Angela Grassi de El Correo de la Moda de Madrid e Faustina Sáez de Melgar de La Violeta. A maioría comezou a escribir en pobos ou cidades de provincias aínda que cando chegaron a ser escritoras profesionais se trasladaron a Madrid ou Barcelona.[5]

 
Dolores Cabrera e Heredia

Carolina Coronado escribiu unha serie titulada Cantos de Safo, coa que quixo recuperar a memoria da poetisa grega Safo de Mitilene e pór en xogo o seu desexo de liberdade e xenealoxía feminina buscando referentes na conquista da autoría literaria.[7]

Un dos temas principais era o amor e a amizade, que se materializa en poemas de recoñecemento nun cruzamento entre sentimentos e regras poéticas.[8] Tomaron dos seus colegas masculinos o vocabulario e as fórmulas da poesía erótica, que as axudou a expresar nos seus poemas unha irmandade espiritual de axuda mutua. Sendo Coronado o centro desta rede de sororidade, foi quen recibiu máis dedicatorias. Algún destes poemas poden ser equívocos xa que hai unha indefinición do obxecto erótico e da relación entre a voz lírica e o destinatario do poema. Un claro exemplo é Dolores Cabrera e Heredia.[9]

Outro tema que abunda nos seus escritos é o tema do destino doloroso da muller que vai desde a melancolía de Fenollosa até a exhortación de García Miranda no seu poema A las españolas publicado en 1851.[4]

Tamén defenderon o valor da intelixencia da muller, tan deostado polos seus colegas masculinos. Destaca o poema de Cabrera e Heredia, El hastío. Non reivindicaban dereitos políticos, senón o acceso das mulleres á cultura impresa, á actividade intelectual e á expresión literaria.[10]

Transcendencia

editar

A obra poética da Irmandade Lírica constituíu un claro antecedente na poesía posterior. As súas influencias son claras en Gustavo Adolfo Bécquer, cuxos poemas, por exemplo, lembran a Dolores Cabrera e Heredia no que a muller é unha muller fermosa pero incapaz de sentir amor. Tamén está influenciado por poemas de Carolina Coronado.[3] Máis clara é a influencia do poema de Cabrera e Heredia titulado Las golondrinas, claro precedente do Volverán las oscuras golondrinas do poeta sevillano.[10]

Outras lecturas

editar
  1. 1,0 1,1 "La visibilidad de las escritoras del S. XIX en el espacio público de la prensa | Estudios sobre el Mensaje Periodístico" (en castelán). Consultado o 10 de junio de 2019. 
  2. Vázquez Guisán, María (2017). "EN LAS ORILLAS DEL SAR: ROSALÍA DE CASTRO Y EL DESPERTAR DE UNA NUEVA VOZ LÍRICA FEMENINA" (PDF). Consultado o 11 de junio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Medina, Raquel; Zecchi, Barbara (2002). Sexualidad y escritura, (1850-2000) (en castelán). Anthropos Editorial. ISBN 9788476586372. Consultado o 11 de junio de 2019. 
  4. 4,0 4,1 Kirkpatrick, Susan (1991). Las románticas: escritoras y subjetividad en España, 1835-1850 (en castelán). Universitat de València. ISBN 9788437609775. Consultado o 11 de junio de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Kirkpatrick, Susan. (1992). Antología poética de escritoras del siglo XIX. Editorial Castalia. ISBN 8470396625. OCLC 28389363. Consultado o 11 de junio de 2019. 
  6. Castillo-Almaguer, Lic Danay (28 de octubre de 2015). "La escritura femenina en El Redactor (1844-1869)" (en castelán) 0 (135): 575–588. ISSN 2227-6513. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2018. Consultado o 10 de junio de 2019. 
  7. Sin vernos a nosotras que leíamos - Notas acerca del deseo de sociedad femenina. 2018. pp. 62–73. ISSN 1132-6751. 
  8. Espigado Tocino, Gloria. "LA BUENA NUEVA DE LA MUJER PROFETA: IDENTIDAD Y CULTURA POLÍTICA EN LAS FOURIERISTAS Mª JOSEFA ZAPATA Y MARGARITA PÉREZ DE CELIS" (PDF). Consultado o 2019-06-10. 
  9. Duby, Georges; Perrot, Michelle (2000). Historia de las mujeres en Occidente. Taurus Minor. ISBN 8430603972. OCLC 50381682. 
  10. 10,0 10,1 DOLORES CABRERA Y HEREDIA, UNA POETISA ROMÁNTICA LITERANA (PDF). 2009.