Irlanda Nova
Irlanda Nova (en gaélico irlandés Éire Óg, en inglés Young Ireland) foi un movemento social, cultural e político do nacionalismo irlandés de mediados do século XIX que liderou a fracasada Rebelión de Irlanda Nova de 1848.
Características
editarLiderada por Thomas Davis e operativa entre 1839 e 1849 propiciou mudanzas importantes no nacionalismo irlandés e exerceu unha notable influencia nas posteriores xeracións de nacionalistas. Moitos dos seus integrantes foron xulgados por sedición e sentenciados a desterro penal á Terra de Van Diemen, hoxe coñecida como Tasmania.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Irlanda Nova e a Rebelión de 1848 da Encyclopedia of 1848 Revolutions (en inglés)