Iria Vázquez Silva

Profesora universitaria e escritora galega

Iria Vázquez Silva, nada en Vigo en 1980, é unha profesora universitaria e escritora galega.[1]

Infotaula de personaIria Vázquez Silva

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Universidade da Coruña
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de educación superior , escritora Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (2021–)
Universidade de Vigo (2016–) Editar o valor em Wikidata

BNE: XX5797207 Dialnet: 2312419

Traxectoria

editar

Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña (2004),[2] é doutora tamén en Socioloxía coa tese La inmigración senegalesa en Galicia: remesas y cuidados en familias transnacionales (2014). Foi profesora interina de socioloxía na Universidade de Vigo e integrante do Grupo de Estudos Territoriais da Universidade da Coruña.

Realizou o proxecto Mulleres inmigrantes, lingua e sociedade. Novas perspectivas para a integración (2015-2017), desenvolvido na Universidade de Vigo e financiado pola Xunta de Galicia.[3] Especialista en xénero pola Universidade de Vigo e en igualdade pola Universidade Autónoma de Barcelona. As súas liñas de investigación abranguen a socioloxía das migracións, ademais da socioloxía do traballo e de xénero.[4] Traballou no ámbito da intervención social con mulleres en situación de violencia e colaborou con diversos colectivos feministas de Galiza.[5]

Publicou no Journal of Ethnic and Migration Studies "Transnational mothering strategies: Senegalese experiences" (2017), con Luna Vives. Publicou artigos na Soziologia eta zientzia politikoaren euskal aldizkaria (en galego, Revista vasca de socioloxía e ciencia política) e en diversos congresos.[6]

  1. "Iria Vázquez Silva". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2022-01-30. 
  2. "Iria Vázquez Silva". The Conversation (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  3. Guerrero Alfaro, Sara. "Contra os estereotipos das mulleres inmigrantes, a integración sociolingüística". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2022-01-30. 
  4. "Iria Vázquez Silva". www.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-30. 
  5. "Iria Vázquez Silva Profesores UNIR". UNIR (en castelán). Consultado o 2022-01-30. 
  6. "Buscar: Iria Vázquez Silva - 1". Dialnet (en castelán). Consultado o 2022-01-30. 
  7. "Cómplices. A violencia machista institucional". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-01-30.