Iria Grandal

arqueira galega


Iria Grandal García, nada en Ferrol o 13 de agosto de 1990, é unha arqueira galega que compite no Club Arco Narón.[1]

Infotaula de personaIria Grandal
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarqueira Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportetiro con arco Editar o valor em Wikidata
Participou en
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ademais de conseguir os títulos de Campioa de Galicia en tódalas categorías polas que pasou (alevín, infantil, cadete, júnior e absoluta) o seu palmarés consta tamén de éxitos a nivel estatal e internacional.

No ano 2004 competiu por primeira vez fóra de Galicia, no Campionato de España Infantil, onde acadou o 3ª posto. Despois fixo podios a nivel nacional tamén en tódalas categorías polas que pasou. No ano 2006 acadou o subcampionato do mundo cadete en México. En 2008, acadou o 4º posto no Campionato de Europa Júnior (sub21). No ano 2012 obtivo o Subcampionato de Europa Absoluto. Logo de conseguir o campionato de España júnior e o subcampionato nacional absoluto[2], entre outros méritos, obtivo a praza para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 no europeo preolímpico de Ámsterdam.

En Londres competiu na categoría individual feminina. Tras pasar a rolda preliminar, quedando no posto 53º, gañou na primeira eliminatoria á colombiana Ana Rendón por 6-2, pero caeu derrotada fronte a surcoreana Choi Hyeon-ju por 6-5 en dezaseisavos de final, resolvéndose o encontro na rolda de desempate.[3][4]

Notas editar

  1. Páxina do Comité Olímpico Español Contén información sobre os deportistas olímpicos (en castelán).
  2. "Iria Grandal, acreedora del trofeo Patronato Municipal", artigo en La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2011 (en castelán).
  3. Resultados de Iria Grandal en Londres 2012. Páxina oficial dos Xogos Olímpicos de Londres 2012. (en inglés).
  4. Club ARCO NARÓN. "JJOO - Londres 2012".