Iria González-Dopeso

Iria González-Dopeso Reyes, nada en Santiago de Compostela en 1976, é unha montañeira galega.

Iria González-Dopeso
Nacemento1976
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciada en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa carreira profesional centrouse no estudo do sistema nervioso e das patoloxías mentais. Como deportista iniciouse no piragüismo, pero aos 13 anos foi atropelada por un automóbil e perdeu a parte inferior da perna. Logo dun tempo sen facer deporte regresou á canoa, e logo pasou ao montañismo.[1]

En 2008 participou nunha expedición española que trataba de acadar o Polo Sur dende Patriot Hills, na Antártida, cubrindo 250 km en 21 días e que tiña como obxectivo ser a primeira deportista discapacitada do mundo en facelo sen axudas externas.[2] Finalmente non puido chegar á fase final da expedición.

Notas editar