Ireneu, patriarca de Serbia

Ireneu (en serbio: Иринеј), nado en Vidova (Serbia) o 28 de agosto de 1930 e finado en Belgrado o 20 de novembro de 2020, foi o patriarca de Serbia dende o 22 de xaneiro de 2010, e polo tanto cabeza da Igrexa ortodoxa serbia.

Ireneu
Патриарх Сербский Ириней (cropped).jpg
Patriarca da Igrexa ortodoxa serbia
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1930 en Vidova, Serbia
Pasamento20 de novembro de 2020 en Belgrado, Serbia
Ordes
Ordenación sacerdotal1959
Consagración episcopal1995, por Xermán
Elixido patriarca22 de xaneiro de 2010
Patriarca de Serbia
Arcebispo de Belgrado e Karlovci
2010 - 2020
PredecesorPaulo

TraxectoriaEditar

Naceu o 28 de agosto de 1930 na aldea de Vidova, e foi bautizado co nome de Miroslav. Cursou a educación primaria na súa aldea natal, e en 1951 graduouse polo seminario teolóxico de Prizren. Posteriormente ampliou os seus estudos nas Facultades de Teoloxía da Universidade de Belgrado e da Universidade de Atenas. Logo de graduarse, serviu no exército.

En outubro de 1959 foi tonsurado monxe polo patriarca Xermán, patriarca de Serbia no mosteiro Rakovitsa, tomando o nome de Ireneu. O 24 de outubro de 1959 foi elevado ao rango de hierodiácono e o 27 de outubro ao de hieromonxe. Posteriormente ocupou diversos cargosː foi profesor do Seminario Teolóxico de Prizren entre 1959 e 1968, xefe da escola monástica do mosteiro de Ostrog en 1969, e profesor e reitor do seminario de Prizren dende 1971 até 1974.

En maio de 1974 foi elixido bispo vigairo do patriarca de Serbia, co título de Moravic. Recibiu a ordenación episcopal o 14 de xullo de 1974. Ao ano seguinte, na reunión do Sínodo da Igrexa ortodoxa serbia entre o 21 e o 28 de maio de 1975, foi elixido bispo de Niš, tomando posesión de dita eparquía o 15 de xuño do mesmo ano.

O 22 de xaneiro de 2010 foi elixido patriarca da Igrexa ortodoxa serbia. Como patriarca, posicionouse en contra do establecemento da Igrexa ortodoxa de Ucraína por parte do patriarca Bartolomeu, así como dos intentos de crear igrexas autocéfalas en Montenegro e Macedonia do Norte.

O 4 de novembro de 2020 foi hospitalizado en Belgrado por causa dunha insuficiencia cardíaca. Porén, finou na capital serbia o 20 de novembro por COVID-19.

NotasEditar