Irene Villa

(Redirección desde «Irene Villa González»)

Irene Villa González, nada en Madrid o 21 de novembro de 1978 é unha esquiadora paralímpica, xornalista e escritora española. Cando tiña doce anos sufriu un grave atentado de ETA canda súa nai. Como resultado da detonación dunha bomba perdeu as dúas pernas, amais de tres dedos da man esquerda. Ata 2007 foi delegada en Madrid da Asociación de Vítimas do Terrorismo.

Irene Villa
Nome completoIrene Villa González
Nacemento21 de novembro de 1978
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Europeia de Madrid
Ocupaciónxornalista e esgrimista
CónxuxeJuan Pablo Lauro
PremiosAntena de Oro
Na rede
https://irenevilla.org
Twitter: _IreneVilla_ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla da funcionaria da Dirección Xeral da Policía María Jesús González, e de Luis Alfonso Villa, o 17 de outubro de 1991 padeceu un grave atentado de ETA con coche bomba na rúa Camarena do madrileño barrio de Aluche. Quedou sen as pernas e de tres dedos dunha man por mor do estoupido dunha bomba apegada no vehículo no que, coa súa nai, ía camiño do colexio.[1] Súa nai perdeu unha perna e un brazo.

Segundo fontes policiais, ETA pretendía matar un inspector de policía destinado na comisaría do distrito dos Cármenes, relacionado sentimentalmente coa nai de Irene[2]. Nese día, ETA asasinou con outra bomba lapa ao tenente do Exército de Terra Francisco Carballar; pola tarde, mutilou gravemente ao comandante de infantaría Rafael Villalobos. Os etarras acusados do seu atentado foron José Javier Arizkuren Ruiz, Kantauri, e Soledad Iparraguirre, Anboto.[3]

Licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade Europea de Madrid, e realizou tamén cursos de psicoloxía e humanidades[4]. En 2004 publicou o seu primeiro libro, "Saber que se puede", no que amosa a súa experiencia e diversas reflexións. É columnista de prensa e colabora en distintas emisoras de radio, como no programa La Linterna da COPE, que dirixe e presenta Juan Pablo Colmenarejo. En 2012 gañou a Antena de Oro polo seu traballo na cadea de televisión 13tv.[5]

Manifestou en reiteradas ocasións a súa oposición a calquera negociación con ETA e co proceso que abrira o goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.[6]

Actividade deportiva editar

Irene Villa é esquiadora alpina paralímpica clasificada como LW12-2, e forma parte da Fundación También, unha dos oito membros orixinais[7][8]. Este equipo foi o primeiro feminino de esquí alpino adaptado en España.[9], como membro deste equipo, adestra con Teresa Silva, Esther Peris, Mariluz del Río, Sandra Cavallé, Nathalie Carpanedo e Alberto Ávila. Villa gañou varios ouros en competicións españolas, e en 2011 converteuse en campioa da Copa España na modalidade en cadeira[10][11]. En marzo de 2013 fíxose co campionato de España de slálom e co subcampionato de España en súper xigante e slálom xigante.[12]

Libros editar

Notas editar

  1. El Español
  2. "El atentado en el que sufrieron heridas una mujer y su hija iba dirigido contra un inspector de policía", El País, 20 de outubro de 1991
  3. "Llega a España el etarra "Kantauri", antiguo jefe militar de ETA"[Ligazón morta], EFE - Yahoo! Noticias, 7 de novembro de 2006.
  4. "Vida". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2015. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  5. "Anne Igartiburu, Irene Villa y Nuria Roca premiadas por su trabajo en televisión" Mujer de Élite, 29 de outubro de 2012.
  6. «No quiero ni un muerto más, pero quiero Justicia», entrevista en El Mundo], 13 de febreiro de 2006.
  7. "2011 Europa Cup Finals" (PDF). FIS-SKI. [Ligazón morta]
  8. "Irene Villa vuelve a la competición con el Equipo de Esquí alpino adaptado de la Fundación También - Esquí - Esto es DxT". Estoesdxt.es. 
  9. "Ocho mujeres forman el primer equipo femenino de esquí alpino adaptado | Solidaridad". elmundo.es. 
  10. Irene Villa logra dos oros en al campeonato de Catalunya de Esquí Alpino Adaptado Kitaro. Nevasport. 25-1-2010.
  11. "Broche de oro para el equipo de esquí de la Fundación También". Kitaro. Nevasport. 16-4-2011.
  12. "Dos oros y una plata para Nathalie Carpanedo, dos platas y un oro para Irene Villa, tres platas para Alberto Ávila y dos bronces para Mariluz del Río" Arquivado 29 de xuño de 2017 en Wayback Machine. EstoesDxT. 21-3-2013.
  13. "Planeta de Libros". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  14. "Planeta de Libros". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2015. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  15. "Planeta de Libros". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 04 de maio de 2018. 
  16. Planeta de Libros
  17. "Planeta de Libros". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2015. Consultado o 04 de maio de 2018.