Irene Souto Blázquez
Irene Souto Blázquez, nada na Coruña en 1981,[1] é unha enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, licenciada en Dereito e máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria. Traballa na Autoridade Portuaria da Coruña, onde é a xefa do Departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial. En 2021 foi elixida como unha das "Top 100 Mujeres Líderes de España".[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarIrene Souto é enxeñeira de Camiños, Canles e Portos e máster en Administración Marítima e Xestión Portuaria pola Universidade da Coruña e licenciada en Dereito pola UNED.[1]
Comezou a súa carreira profesional na consultoría de enxeñería galega, ICEACSA. No ano 2007 incorporouse ao equipo directivo da Autoridade Portuaria da Coruña, onde desempeña o posto de Xefa do Departamento de Desenvolvemento Portuario e Comercial.[3][4]
Ao longo da súa traxectoria recibiu varios premios: "Premio Modesto Vigueras 2015", nomeada "Referente Galega" por Executivas de Galicia e Top 100 Mujeres Líderes de España en 2021.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Irene Souto Blázquez, premio Modesto Vigueras/Diario de Arteixo". El Diario de Arteixo (en castelán). 2015-06-18. Consultado o 2021-04-22.
- ↑ "El Top 100 Mujeres Líderes de España: las políticas, empresarias, investigadoras y periodistas más influyentes". El Español (en castelán). 2021-04-21. Consultado o 2021-04-22.
- ↑ "Irene Souto Blázquez". Executivas (en castelán). Consultado o 2021-04-22.
- ↑ Referentes. "Irene Souto Blázquez". Executivas (en castelán). Consultado o 2021-04-22.
- ↑ Miranda, Carlos (2021-01-24). "“En algunos sitios a los que voy del mundo portuario soy la única mujer”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-04-22.