Irene Sänger-Bredt

enxeñeira e física alemá

Irene Reinhild Agnes Elisabeth Bredt (coñecida polo seu nome de casada, Irene Sänger-Bredt), nada en Bonn o 24 de abril de 1911 e finada en Stuttgart o 20 de outubro de 1983, foi unha enxeñeira e física alemá. É coñecida pola súa intervención no o proxecto Silbervogel (en galego, paxaro de prata), un deseño dun bombardeiro intercontinental no período previo á segunda guerra mundial.[1][2][3]

Infotaula de personaIrene Sänger-Bredt
Biografía
Nacemento24 de abril de 1911 Editar o valor em Wikidata
Bonn, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte20 de outubro de 1983 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Stuttgart, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemática aplicada Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEnxeñeira aeroespacial, física, matemática
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEugen Sänger

Traxectoria editar

Bredt obtivo o seu doutoramento en Física en 1937 coa súa tese Die Röntgenspektren seltener Erden (Raios X nas terras raras), Magna cum Laude[4][5] Para o seu primeiro traballo, rexeitou outras ofertas para escoller o daquela pouco coñecido Centro de Investigación Aeronáutica en Trauen, Alemaña, porque alguén lle comentou que quizais facían foguetes.[4] Bredt empezou o seu traballo de investigación como axudante de Eugen Sänger neste centro de desenvolvemento[3] de motores foguete.[4] O seu campo de actividade centrouse na termodinámica e na dinámica de gases, problemas relacionados cos propelentes líquidos utilizados nos foguetes. 890. En concreto dos problemas da combustión do osíxeno líquido en determinados modelos de foguetes[6] O seu primeiro traballo foi o informe realizado con Eugen Sänger Gaskinetik sehr grosser Fluuggeschwindigkeiten, publicado en maio de 1840[6] Foi o primeiro estudo que estableceu as fórmulas e os valores da forzas aerodinámicas onde a atmosfera non pode considerarse un medio continuo.[6]

No ano 1936, Eugen Sänger entrara nun contrato da Deutsche Versuchanstalt fur Luftfahrt cuxas especificacións relacionábanse cos motores foguetes e os propelentes líquidos deseñados para eles. Á fin de 1939 os obxectivos deste contrato dirixíronse exclusivamente cara ao seu uso bélico. En consecuencia, Irene e Eugen redactaron o informe Uber einen Raketenantriebe für Fernbomber, que foi enviado para a aprobación de Hermann Göring en decembro de 1941.[7] A partir de 1940 Särgen comezou un proxecto de estatorreactores aplicados ós avións, chegando a rexistrar o primeiro voo da historia dun aeroplano equipado cun estatorreactor cunha duración de media hora. Porén, a realización deste histórico voo non fora autorizada polo ministerio das forzas aéreas alemás e tanto Sänger como Bredt tiveron que afrontar as consecuencias. En concreto, a súa transferencia a Ainring, Baviera, onde continuaron coa aplicación de estatorreactores baixo a dirección do profesor Walter Georgli no Deutsche Forgschungansalt für Segelfug (DFS).[7] Alí Bredt foi promocionada ás funcións de investigadora sénior do Centro de propulsión especial do Insituto. A súa tarefa era o mantemento e a análise dos voos de proba dos estatorreactores.[8]

En 1946, logo da segunda guerra mundial, Bredt e Sänger foron invitados a París polo ministro de aviación francés para continuar as súas investigacións na mesma área no Arsenal de l'Aéronautique francés, máis tarde coñecido como SNECMA.[8] Bredt e Sänger casaron en 1951. Brendt compaxinou o traballo no Arsenal coas funcións de asesora de enxeñaría na MATRA, a empresa francesa de fabricación de foguetes con sede en París Billancourt ata 1954, ano en que a familia regresou a Alemaña.[9]Entre 1951 e 1958 Brendt foi profesora externa do Insituto de Tecnoloxía en Chrompet-Madras, no sur da India.[9]

Foi membro fundadora da Academia Internacional de Austronáutica en 1959,[9]a única muller.

De 1963 a 1972 traballou como enxeñeira asesora en asuntos espaciais para a compañía Junkers (posteriormente Messerschmitt-Bölkow-Blohm, en Múnic). Ao longo da súa carreira, publicou numerosos artigos e monografías científicas.[9]

Premios e recoñecementos editar

  • En 1970 Bredt foi galardoada coa Medalla de Ouro Hermann Oberth, en recoñecemento os seus logros científicos.[9]
  • Membro honoraria nas seguintes entidades: Academia Internacional de Austronáutica, Sociedad Astronáutica Suíza, Sociedade de Investigación do Espazo,Sociedad Alemá para Foguetes e Voos Espaciais, Sociedade Alemá Hermann Oberth—Wernher von Braun, Sociedade Alemá de Aeronaves e Naves Espaciais.[9]

Notas editar

  1. Zaganescu 2004, p. 889
  2. "Bredt, Irene". Encyclopedia Astronautic. Consultado o 15 de maio de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Juhani Westman (25 de outubro de 2011). "Global Bounce". hemportalen.fi (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2022. Consultado o 11 de enero de 2014. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Zaganescu 2004, p. 889-890
  5. Engelhardt, Dietrich; Fischer, Wolfram; Koch, Hans Albrecht; Moeller, Bernd & Saur, ; Klaus G. "Sänger-Bredt, Irene (Reinhild Agnes Elisabeth)". En Vierhaus, Rudolf. Deutsche Biographische Enzyklopädie Online (en inglés). De Gruyter. Consultado o 15 de maio de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 .Zaganescu 2004, p. 890
  7. 7,0 7,1 .Zaganescu 2004, p. 891
  8. 8,0 8,1 .Zaganescu 2004, p. 892
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 .Zaganescu 2004, p. 893

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar