Irene Martínez

halterófila galega

Irene Martínez Santiago, nada na Coruña o 14 de setembro de 1993, é unha deportista galega que compite en halterofilia. Considerada a mellor deportista galega da historia na súa especialidade, foi 12 veces campioa de España, bronce no Campionato de Europa de 2018 e bronce nos Xogos Mediterráneos do mesmo ano. Disputou sete veces o Campionato do Mundo e nove veces o Campionato de Europa.

Infotaula de personaIrene Martínez
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhalterófilo Editar o valor em Wikidata
Deportehalterofilia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nada e criada no lugar coruñés de San Pedro de Visma, comezou a practicar halterofilia aos 13 anos na súa cidade, ata que aos 15 se instalou en Madrid, no Centro de Alto Rendemento.[1][2] Foi 12 veces campioa de España e ostenta o récord de España na categoría de 59 kg, tanto de arrancada como do total olímpico.[3]

Disputou sete veces o Campionato do Mundo e nove o de Europa, conseguindo a medalla de bronce no Europeo celebrado en 2018 en Bucarest, na categoría de 63 kg.[4] Ese mesmo ano gañou a medalla de bronce nos Xogos Mediterráneos disputados en Tarragona.[5]

Notas editar

  1. "Irene Martínez, campeona de España de halterofilia: “No saben competir sin doparse”" (en castelán). 15 de marzo de 2021. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. Cuadrado, M. (4 de xuño de 2022). "Doce veces campeona de España: «Empecé con 13 años y no sabía lo que era la halterofilia»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  3. "Irene Martínez, nuevo récord de España y 13ª en el Mundial de halterofilia". DxT Campeón (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  4. "Irene Martínez, bronce en arrancada en hasta 63 kilos". Sport (en castelán). 29 de marzo de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  5. "La coruñesa Irene Martínez logra el bronce en -63 kg". As (en castelán). 25 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2023. Consultado o 1 de xuño de 2023.