Abrir o menú principal

Irene Fernández Núñez

xornalista galega

Irene Fernández Núñez, nada en Boborás o 14 de abril de 1956,[1] é unha xornalista galega. Residiu na súa infancia en Bilbao, aínda vive e traballa en Madrid.

Irene Fernández Núñez
I5D0189.JPG
Nome completoIrene Fernández Núñez
Nacemento14 de abril de 1956
 Boborás
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e presentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense,[2] comezou a súa actividade na Cadena SER. Máis tarde, traballou durante uns anos en La Voz de Galicia, sendo entre 1988 e 1989 Xefe de Prensa da Delegada do Goberno en Madrid, entón Ana Tutor.

Finalmente, tras varios medios de comunicación máis, probou sorte en Telemadrid, onde volveu de reporteira no programa Madrid Directo.

PremiosEditar

O 1 de xullo de 1998 recibe de mans da Raíña de España o Premio Dona Sofía polas súas máis de 150 reportaxes de prisións españolas e o seu compaxinado traballo en Madrid Directo. Tamén recibiu o Premio Ponte Colgante de Narrativa, na modalidade de Contos.[2]

No 2011 celébrase a 44ª edición dos premios a Enxebre Orde da Vieira, onde foi distinguida na modalidade de Comunicación, galardón que recibiron no seu día personaxes como Ónega, Luis Mariñas ou Borobo.

NotasEditar

  1. "Vida social. Cumpleaños". ABC. 13 de abril de 1989. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Irene Fernández Núñez, vicepresidenta del Club de Periodistas Gallegos en Madrid". Periodistas Gallegos (en castelán). Consultado o 28 de febreiro 2019.