Irene D. Long

médica aeroespacial estadounidense

Irene Duhart Long, nada en Cleveland o 16 de novembro de 1951 e finada o 4 de agosto de 2020, foi unha doutora estadounidense funcionaria da Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA) dos Estados Unidos.[1] Foi a primeira muller directora do departamento médico do Centro Espacial John F. Kennedy.

Infotaula de personaIrene D. Long

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de novembro de 1950 Editar o valor em Wikidata
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 2020 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónWright State University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Irene Duhart Long era filla de Andrew e Heloweise Davis Duhart. Graduouse no East High School en Cleveland e obtivo a súa licenciatura en bioloxía da Northwestern University en 1973. Inscribiuse na Escola de Medicina da Universidade de San Luís e obtivo o seu título en 1977. Continuou con residencias na Clínica Cleveland, o Hospital Monte Sinai de Cleveland e a Wright State University de Dayton, Ohio, onde recibiu a súa Mestría en Ciencias en Medicina aeroespacial.[2]

Long comezou a traballar como médico para a Administración Nacional de Aeronáutica e do Espazo (NASA) en 1982.[3] Foi nomeada directora da Oficina de Investigación e Operacións Biomédicas no Centro Espacial John F. Kennedy en 1994.[4] Recibiu o nomeamento de directora médica e directora asociada de Servizos de Porto Espacial no ano 2000. Retirouse á idade de 63 anos e foi sucedida por David Tipton en 2013.[5] Traballou para a NASA durante 31 anos.

Recoñecementos editar

  • 1986 - Kennedy Space Center Federal Woman of the Year Award
  • 1995 - Society of NASA Flight Surgeons Presidential Award
  • 1998 - Women in Aerospace Outstanding Achievement Award
  • 2001 - Ohio Women’s Hall of Fame
  • 2005 - Lifetime Achievement Award, Women of Cor Technology Awards Conference[6]
  • 2010 - Strughold Award, Space Medicine Association[7]

Notas editar

  1. Cawley, Jim (20 de agosto de 2020). "Dr. Long Remembered as a Trailblazer at NASA’s Kennedy Space Center" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  2. Redacción (1997). "Physician of Color Highlight" (PDF) (en inglés) 1 (marzo de 1997): 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2003. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  3. Redacción (setembro de 1984). "Dr. Irene Long: a pioneer in aerospace medicine" 39 (9): 61–63. 
  4. Redacción (1 de agosto de 1994). "Irene Duhart Long, M.D. Named Director, Biomedical Operations and Research Office at the Kennedy Space Center". NASA. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2011. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  5. Siceloff, Steven (8 de marzo de 2013). "ISS may provide clues in Alzheimer's fight" (PDF). Spaceport News 53 (6). p. 10. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  6. Redacción (primaveira de 2006). "Class Notes" (PDF) (en inglés) 32 (2). St. Louis, Misuri: St. Louis University: 26. OCLC 37135294. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de outubro de 2006. Consultado o 19 de abril de 2021. 
  7. Redacción (agosto de 2010). "Space Medicine Association News: Other SMA Awards". ASMA News (en inglés). Aerospace Medical Association. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2012. Consultado o 19 de abril de 2021.