Irena Sendler

activista polaca dos dereitos humanos durante a segunda guerra mundial

Irena Stanisława Sendler,[1] en polaco Irena Sendlerowa (15 de febreiro de 1910 - 12 de maio de 2008), tamén coñecida como "o anxo do Gueto de Varsovia," foi unha activista dos dereitos humanos durante a segunda guerra mundial, e salvou mais de 2500 vidas ao levar alimentos, roupas e medicamentos ás persoas barricadas no gueto, arriscando a súa propia vida.

Modelo:BiografíaIrena Sendler

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pl) Irena Sendlerowa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Irena Krzyżanowska Editar o valor en Wikidata
15 de febreiro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Varsovia (Reino do Congreso) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de maio de 2008 Editar o valor en Wikidata (98 anos)
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Powązki (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica latina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Varsovia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónclinical nurse specialist (en) Traducir, membro da resistencia Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Obreiro Unificado Polaco
Partido Socialista Polonês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiStanisław Krzyżanowski Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, enllaç URL,
Bygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) Traducir, (p.132-134) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3882356 BNE: XX4724891 WikiTree: Krzyżanowska-3 Find a Grave: 26800705 Editar o valor en Wikidata
Irena Sendler en Varsovia, 2005

A nai dos meniños do Holocausto

editar
A razón pola cal rescatei os meniños ten orixe no meu lar, na miña infancia. Fun educada na crenza de que unha persoa necesitada debe ser axudada co corazón, sen importar a súa relixión ou nacionalidade. - Irena Sendler

Cando a Alemaña nazi invadiu o país en 1939, Irena era enfermeira no Departamento de ben estar social de Varsovia, que organizaba os espazos de comedor comunitarios da cidade. Alí traballou incansabelmente para aliviar o sufrimento de millares de persoas, tanto xudías como católicas. Grazas a ela, eses locais non só proporcionaban comida para orfos, anciáns e pobres, pois tamén entregábanlles roupa, medicamentos e diñeiro.

En 1942, os nazis crearon un gueto en Varsovia, e Irena, horrorizada polas condicións en que alí se sobrevivía, uniuse ao Consello para a Axuda aos Xudeus, Zegota. Ela mesma contou:

Conseguín, para min e a miña compañeira Irena Schultz, identificacións do gabinete sanitario, entre cuxas tarefas estaba a loita contra as doenzas contaxiosas. Mais tarde tiven éxito ao conseguir pases para outras colaboradoras. Como os alemáns invasores tiñan medo de que ocorrese unha epidemia de tifo, permitían que os polacos controlasen o recinto.

Cando Irena camiñaba polas rúas do gueto, levaba un brazalete coa estrela de David, como sinal de solidariedade e para non chamar a atención sobre si propia. Púxose rapidamente en contacto coas familias e propúxolles levar os seus fillos para fora do gueto, mais non lles podía dar garantías de éxito. Eran momentos extremadamente difíciles, cando debía convencer os pais para que lle entregasen os seus fillos e eles preguntaban:

"Podes prometerme que o meu fillo vivirá?". Dixo Irena, "Que podía prometer, cando nin sequera sabia se conseguirían saír do gueto?" A única certeza era a de que os nenos morrerían se permanecesen alí. Moitas nais e avós eran reticentes na entrega dos meniños, algo absolutamente comprensíbel, mais que viría a se tornar fatal para elas. Algunhas veces, cando Irena ou as súas compañeiras volvían a visitar as familias para tentar face-las mudar de opinión, verificaban que todos xa foran levados para os campos da morte.

Ao longo dun ano e medio, até a evacuación do gueto no verán de 1942, conseguiu rescatar mais de 2 500 meniños por varias vías: comezou a recollelos en ambulancias como vítimas de tifo, mais usaba calquera idea que servise para os esconder: sacos, cestos de lixo, caixas de ferramentas, cargamentos de mercadorías, sacas de patacas, caixóns... nas súas mans calquera elemento transformábase nunha vía de fuga.

Irena vivía os tempos da guerra pensando nos tempos de paz e por iso non fica satisfeita só por manter con vida as meniñas e os meniños. Quería que un día puidesen recuperar os seus verdadeiros nomes, a súa identidade, as súas historias persoais e as súas familias. Concibiu entón un arquivo no cal rexistraba os nomes e datos dos pícaros e as súas novas identidades.

Os nazis souberon desas actividades e o 20 de outubro de 1943 Irena Sendler foi presa pola Gestapo e levada para a infame prisión de Pawiak onde foi brutalmente torturada. Nun colchón de palla encontrou unha pequena estampa de Xesús Misericordioso coa inscrición: “Xesús, en Vós confío”, e conservouna consigo até 1979, cando a ofreceu ao Papa Xoán Paulo II.

 
Árbore plantada no Yad Vashem en homenaxe a Irena Sendler.

Ela, a única que sabia os nomes e moradas das familias que albergaban meniños xudeus, soportou a tortura e negouse a traer os seus colaboradores ou as meniñas e os meniños ocultos. Quebráronlle os ósos dos pés e das pernas, mais non conseguiron quebrar a súa determinación. Foi condenada á morte. En canto esperaba pola execución, un soldado alemán levouna para un "interrogatorio adicional". Ao saír, berroulle en polaco "Corra!". No día seguinte Irena encontrou o seu nome na lista de polacos executados. Os membros da Żegota conseguiron deter a execución de Irena subornando os alemáns, e Irena continuou a traballar cunha identidade falsa.

En 1944, durante o Levantamento de Varsovia, colocou as súas listas en dous frascos de vidro e enterrounos no xardín dunha veciña para se asegurar de que chegarían ás mans indicadas se ela morrese. Ao acabar a guerra, Irena desenterrounos e entregoulle as notas ao doutor Adolfo Berman, o primeiro presidente do comité de salvación dos xudeus sobreviventes. Lamentabelmente, a maior parte das familias dos meniños fora asasinada nos campos de exterminio nazis.

De inicio, as meniñas e os meniños que non tiñan familia adoptiva foron coidados en diferentes orfanatos e, pouco a pouco, foron enviados para a Palestina.

Os meniños só coñecían a Irena polo seu nome de código "Xolanta". Mais anos despois, cando a súa fotografía saíu nun xornal despois de ser premiada polas súas accións humanitarias durante a guerra, un home chamouna por teléfono e díxolle: "Lémbrome da súa cara. Foi a señora que me tirou do gueto." E así comezou a recibir moitas chamadas e recoñecementos públicos.

En 1965, a organización Yad Vashem de Xerusalén outorgoulle o título de Xusta entre as Nacións e nomeouna cidadá honoraria de Israel.[2]

En novembro de 2003 o presidente da República Aleksander Kwaśniewski concedeulle a máis alta distinción civil da Polonia: a Orde da Aguia Branca. Irena foi acompañada polos seus familiares e por Elżbieta Ficowska, unha das nenas que salvou, que recordaba como "a meniña da culler de prata".

Proposta para o Nobel da Paz

editar
 
Funeral de Irena Sendler.

Irena Sendler foi presentada como candidata para o premio Nobel da Paz polo Goberno da Polonia. Esta iniciativa pertenceu ao presidente Lech Kaczyński e contou co apoio oficial do Estado de Israel a través do primeiro ministro Ehud Olmert, e da Organización de Sobreviventes do Holocausto residentes en Israel.

As autoridades de Oświęcim (Auschwitz) expresaron o seu apoio a esta candidatura, xa que consideraron que Irena Sendler era unha dos últimos heroínas vivos da súa xeración, e que tiña demostrado unha forza, unha convicción e un valor extraordinarios fronte a un mal dunha natureza extraordinaria.

  1. "Muzeum Ulmów pamięta o Irenie Sendlerowej". dzieje.pl (en polaco). 2018-05-10. Consultado o 2019-03-17. 
  2. Irena Sendler Arquivado 15 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. - Yad Vashem - official website (en inglés)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar