Ipomoea carnea

especie de planta

Ipomoea carnea
Clasificación científica
Reino: Plantae

Clado: Tracheophytes
Clado: Angiosperms
Clado: Eudicots
Clado: Asterids

Orde: Solanales
Familia: Convolvulaceae
Xénero: Ipomoea
Jacq., 1760
Especie: Ipomoea carnea
Sinonimia
  • Convolvulus batatilla Kunth, 1819
  • Ipomoea fistulosa Mart. ex Choisy, 1845
  • Batatas crassicaulis Benth., 1845
  • Ipomoea gossypioides Parodi, 1877
  • Ipomoea texana J.M.Coult., 1890
  • Ipomoea fruticosa Kuntze, 1891
  • Ipomoea fistulosa v. nicaraguensis Donnell Smith, 1894
  • Ipomoea fistulosa f. albiflora Chodat & Hassl., 1905
  • Ipomoea crassicaulis (Bentham) B. L. Robinson, 1916
  • Ipomoea crassicaulis v. goodellii O.Deg., 1936

Ipomoea carnea é unha especie de planta convolvulácea que crece como un arbusto. Esta planta anxiosperma ten follas con forma acorazonada que son verdes e de 15–23 cm de longo. É fácil de cultivar a partir das sementes. Estas sementes son tóxicas e poden ser perigosas para o gando; a toxicidade está relacionada co alcaloide swainsonina producido por estas endófitas,[1] e coa bioacumulación de selenio nas follas pero principalmente nas sementes.[2]

O talo de I. carnea pode utilizarse para facer papel.[3] Tamén ten valor medicinal.[3] Contén un compoñente idéntico á marsilina, un sedante e anticonvulsivo.[3] Tamén se purificou desta planta unha saponina glicosídica con propiedades anticarcinoxénicas e oxitóxicas.[3]

Unha selección de I. carnea denominada 'Inducer' foi utilizada como portaenxertos para inducir a floración de cultivares de batatas (que son tamén do xénero Ipomoea), que doutro modo son reticentes a producir flores.[4]

No Brasil, I. carnea (ademais doutros nomes comúns) coñécese como canudo-de-pita, literalmente "cana da pipa", xa que os seus talos ocos eran usados para facer os tubos das pipas de tabaco ou cachimbas. Deu lugar tamén ao nome da localidade de Canudos, onde se formou no século XIX unha comunidade relixiosa do sertón de Bahia, considerada antirrepublicana, contra a que se librou a guerra de Canudos en 1893–1897.

Notas editar

  1. Gardner, DR; Cook, D (2016). "Analysis of Swainsonine and Swainsonine N-Oxide as Trimethylsilyl Derivatives by Liquid Chromatography-Mass Spectrometry and Their Relative Occurrence in Plants Toxic to Livestock". J Agric Food Chem 64 (31): 6156–62. PMID 27436221. doi:10.1021/acs.jafc.6b02390. 
  2. Sabogal, Ana; Dunin Borkowski (decembro de 2007). "[Estado actual de la investigación sobre Ipomoea carnea: toxicidad en ganado caprino]". Revista de Química (Lima, Perú: Pontificia Universidad Católica del Perú) (xaneiro-decembro de 2007): 29–35. ISSN 1012-3946. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Chand, Navin; P. K. Rohatgi (20 de xuño de 2005). "Impact toughness of Ipomoea carnea particulate-polyester composite". Journal of Materials Science Letters (Netherlands: Springer Netherlands) 6 (6): 695–697. ISSN 0261-8028. doi:10.1007/bf01770929. 
  4. Dukes, P.D.; A. Jones; J.M. Schalk (1990). "'Inducer', a tree morning glory rootstock cultivar for use in breeding sweetpotatoes.". HortScience 25 (2): 238–239. ISSN 0018-5345. doi:10.21273/hortsci.25.2.238. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar