Iolanda de Anjou
Iolanda ou Violante de Anjou, nada en Nancy o 2 de novembro de 1428 e finada tamén en Nancy o 23 de marzo de 1483, foi duquesa de Lorena (1473) e de Bar (1480), filla de Renato I, rei de Nápoles, duque de Anjou, de Bar e Lorena, conde de Provenza, e Isabel, duquesa de Lorena.
Iolanda de Anjou | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 2 de novembro de 1428 |
Lugar de nacemento | Nancy |
Falecemento | 23 de marzo de 1483 |
Lugar de falecemento | Nancy |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | feudataria |
Pai | Renato I de Nápoles |
Nai | Isabel, Duquesa da Lorena |
Cónxuxe | Frederick II of Lorraine, Count of Vaudémont |
Fillos | Renato II de Lorena, Nicholas of Lorraine, Lord of Joinville, Pierre of Vaudemont, Jeanne of Lorraine, Margaret of Lorraine e Yolande of Lorraine |
Irmáns | João II, Duque de Lorena, Luís de Anjou, Marquês de Pont-à-Mousson, Nicolas of Anjou, Charles of Anjou, René of Anjou, Margarida de Anjou, Isabel of Anjou e Ann of Anjou |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Casou en 1445 en Nancy co seu primo Federico II de Lorena (1420 - 1470), conde de Vaudémont. Este matrimonio puxo fin ao litixio que había entre os pais dos dous cónxuxes, con respecto á sucesión do ducado de Lorena. Tiveron a:
- Renato II (1451 - 1508), conde de Vaudémont, duque de Lorena e Bar.
- Nicolau, señor de Joinville e Bauffremont, morreu preto de 1476.
- Pedro, morto en 1451.
- Xoana (1458 - 1480), casou en 1474 con Carlos IV, conde do Maine (1436 - 1481).
- Iolanda, morta en 1500, casou en 1497 con Guillerme II, landgrave de Hesse (m. 1509).
- Margarida (1463 - 1521), casou en 1488 con Renato (1454 - 1492), duque de Alençon. Foi declarada beata.
En 1473, á morte do seu sobriño Nicolau de Lorena, herdou o ducado de Lorena e pasoullo inmediatamente ao seu fillo, Renato II. Fixo o mesmo en 1480, á morte do seu pai, co ducado de Bar.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iolanda de Anjou |