Invercargill

Invercargill (Waihōpai en maorí) é a cidade máis ó sur e máis ó oeste de Nova Zelandia, situada na parte inferior da Illa Sur. A poboación da cidade era de 50.328 persoas no censo de 2006.

Vista de Invercargill.

A cidade está situada na rexión de Southland, na beira do río Oreti.

Copa do Mundo de RugbyEditar

Invercargill acolleu un encontro na Copa do Mundo de Rugby 1987 e acollerá outros 3 na Copa do Mundo de Rugby 2011, no Rugby Park Stadium, que é o fogar do Southland RFU.

Nados en InvercargillEditar

Desta cidade son algunhas das máis importantes estrelas do rugby neozelandés, como Mils Muliaina e Jeff Wilson, e tamén o ex Primeiro Ministro de Nova Zelandia Joseph Ward, que gobernou o país entre 1906 e 1912, e despois de novo entre 1928 e 1930. Tamén é de Invercargill a actriz Vanessa Stacey, coñecida polo seu papel na serie The Tribe.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar