British Invasion

(Redirección desde «Invasión Británica»)

A British Invasion (invasión británica) foi un fenómeno ocorrido a mediados dos anos 60 cando un grupo de artistas de música rock e pop procedentes do Reino Unido, ademais doutros aspectos da cultura británica, fixéronse populares nos Estados Unidos. Bandas como The Beatles e The Rolling Stones iniciarían este movemento e terían un impacto duradeiro na escena musical estadounidense.

A chegada de The Beatles aos Estados Unidos e a aparición en The Ed Sullivan Show, marcou o inicio da invasión británica.