Inti-Illimani é un grupo musical chileno de música folk e canción protesta. Formado en 1967 por uns estudantes universitarios, acadaron certa sona no seu país pola canción Venceremos, a cal se converteu no himno do goberno de Unidade Popular de Salvador Allende. Durante o golpe de estado de 1973 estaban de xira por Europa e non foron quen de regresar ao seu país xa que a súa música estaba prohibida pola ditadura militar de Augusto Pinochet. En Europa, a súa música incorporou elementos do barroco e outras músicas tradicionais, creando un distintivo estilo de música do mundo. O grupo é quizais o máis coñecido membro do movemento da "Nueva canción". O seu nome quere dicir 'Sol do Illimani': Inti, en lingua quechua quere dicir "Sol", e Illimani, en lingua aimará, é o nome dunha montaña dos Andes bolivianos que quere dicir 'aguia dourada'.

A nova formación de Inti-Illimani en 2007.
OrixeSantiago de Chile, Chile
Período1967–2004 (histórico)
2004-presente (moderno)
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)EMI-Odeon, Picap, Warner Music, Xenophile
MembrosHoracio Salinas
José Seves
Horacio Durán
Jorge Coulón
Max Berrú
Marcelo Coulón
José Miguel Camus
Antigos membros(1967 - 1973)
Pedro Yáñez (director), Oscar Guzmán, Ciro Retamal, Ernesto Pérez de Arce
(1974 - presente)
Renato Freyggang, Efren Viera, Daniel Cantillana, Manuel Meriño, Christian González, Juan Flores, Cesar Jara
Na rede
http://inti-illimani.cl/
IMDB: nm0409427 Youtube: UCPu0kuRIsTR2ctqlYjC7M8Q Spotify: 4cCVNFShP38zaKGuo8QSMN iTunes: 40547661 Last fm: Inti-Illimani Musicbrainz: a962cd78-1f5f-4cef-838d-07e2f9d8b02d Songkick: 386230 Discogs: 180914 Allmusic: mn0000095188 Genius: Inti-illimani Editar o valor em Wikidata

Discografía editar

Inti-Illimani ten máis de medio centenar de álbums, entre os seus álbums de estudio oficiais, álbums ao vivo, bandas sonoras, entre outros.

Álbums de estudio editar

Os distintos álbums de estudio da banda, sen contar as súas bandas sonoras entre outros proxectos musicais, son os seguintes:[1]

Álbums de [[Inti-Illimani Novo
Álbums de Inti-Illimani Histórico

Notas editar

  1. Inti-Illimani Histórico: Discografía. "Álbumes entre 1968 y 2007". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2011. Consultado o 12 de xuño de 2011.