Intervalo

distancia entre dúas notas
(Redirección desde «Intervalo musical»)
Este artigo trata sobre o intervalo na música, para ver o concepto matemático vexa Intervalo (matemáticas)

En teoría musical, chámase intervalo á distancia entre dúas notas. Os intervalos defínense partindo do nome das notas e da distancia en tons ou semitóns existente. Podemos falar de intervalos:

  • ascendentes ou descendentes.
  • melódicos ou harmónicos.

A maneira natural de determinar un intervalo é:

  • Segundo o nome das notas, comezando a contar na nota fundamental. Entre e mi, habería un intervalo de terceira, porque sendo do a primeira nota, mi é a terceira. Analogamente, sol sería a terceira nota ó contar a partir de mi.
  • Pola distancia. A continuación expóñense os intervalos ascendentes:
    • Segunda: Maior, un ton (dó-re); menor, un semitón (dó-reb); aumentada, un ton e medio (dó-re#); diminuída, mesmo son (dó#-reb).
    • Terceira: Maior, dous tons (dó-mi); menor, un ton e medio (dó-mib); aumentada, dous tons e medio (dó-mi#); diminuída, un ton (dó#-mib).
    • Cuarta: Xusta, dous tons e medio (dó-fa); aumentada, tres tons (dó-fa#); diminuída, dous tons (dó#-fab).
    • Quinta: Xusta, tres tons e medio (dó-sol); aumentada, catro tons (dó-sol#); diminuída, dous tons e medio (dó#-solb).
    • Sexta: Maior, catro tons e medio (dó-la); menor, catro tons (dó-lab); aumentada, cinco tons (dó-la#); diminuída, tres tons e medio (dó#-lab).
    • Sétima: Xusta, cinco tons e medio (dó-si); aumentada, seis tons (dó-si#); diminuída, cinco tons (dó-sib).
    • Oitava: Xusta, cinco tons e dous semitons (dó1-dó2); aumentada, seis tons e medio (dó1-dó2#); diminuída, cinco tons e medio (dó1#-dó2b).

Unha táboa que resume a mencionada determinación dos intervalos pola distancia en semitóns sería a seguinte:

Tipo Xusta Maior Menor Aumentada Diminuída
Segunda - 2 1 3 0
Terceira - 4 3 5 1
Cuarta 5 - - 6 4
Quinta 7 - - 8 5
Sexta - 9 8 10 7
Sétima 11 - - 12 10
Oitava 12 - - 13 11

Intervalos compostos

editar

Existen unha serie de intervalos que son maiores que a oitava, aínda que en realidade gardan correspondencia cos intervalos da propia oitava:

  • Novena: Un intervalo de segunda, unha oitava por enriba da fundamental.
  • Undécima: Unha cuarta por enriba da oitava.
  • Décimo terceira: Unha sexta por enriba da oitava.

En rigor, podería falarse de intervalos compostos de décima, de décimo segunda e de décimo cuarta. Porén, os principios de harmonía da música occidental fan que se denominen igualmente terceiras, quintas e sétimas, respectivamente.