Abrir o menú principal

Interferencia lingüística

A interferencia lingüística acontece, segundo a definición clásica de Uriel Weinreich, en individuos bilingües cando se desvían da norma dunha das linguas por influencia da outra. É polo tanto un fenómeno de contacto lingüístico dentro dun individuo e non dentro dunha comunidade.

Eugenio Coseriu estableceu dous tipos de interferencia lingüística negativa: cando un falante non realiza algunhas posibilidades dunha lingua para darlle preferencia a formas comúns coa outra lingua e cando un falante dá preferencia nunha lingua a formas distintas á da outra lingua e non realiza as formas comúns.

A interferencia lingüística negativa pódea utilizar o falante como un recurso para evitar interferencias.

A ultracorrección é un caso especial de interferencia lingüística, consiste na creación de formas nunha lingua baseados supostas correspondencias regulares entre elementos desa lingua e da outra coa cal está en contacto.