Inmunomodulación

A inmunomodulación é a modulación (axuste regulatorio) do sistema inmunitario.[1] As substancias que causan a inmunomodulación denomínanse inmunomoduladores.[2] Pode ser natural ou inducida polo ser humano, de modo que o termo pode referirse ao seguinte:

  • Homeostase do sistema inmunitario, na cal o sistema inmunitario se autorregula para axustar as respostas inmunitarias a niveis adaptativos en vez de non adaptativos e prexudiciais (usando células T regulatorias e moléculas de sinalización celular entre outros elementos).[3][4]
  • Inmunomodulación como parte da inmunoterapia, na cal as respostas inmunes se inducen, atenúan ou impiden de acordo cos obxectivos terapéuticos.[5][6][7]
  1. Definición de inmunomodulación No NIH-National Cancer Institute.
  2. Merriam-Webster Dictionary Immunomodulation
  3. YOSHIE TANIGUCHI, NORIKO YOSHIOKA, KAZUE NAKATA, TAKASHI NISHIZAWA, HIROYUKI INAGAWA, CHIE KOHCHI e GEN-ICHIRO SOMA. Mechanism for Maintaining Homeostasis in the Immune System of the Intestine. Anticancer Research. Novembro de 2009, 29 (11) 4855-4860; [1]
  4. Immunitary system homeostasis Osaka University
  5. Definición de Inmunoterapia, Diccionario del Cáncer, INC
  6. Strzelec M, Detka J, Mieszczak P, Sobocińska MK, Majka M. Immunomodulation-a general review of the current state-of-the-art and new therapeutic strategies for targeting the immune system. Front Immunol. 9 de marzo de 2023;14:1127704. doi: 10.3389/fimmu.2023.1127704. PMID: 36969193; PMCID: PMC10033545.
  7. Shirazi, Sajjad; Ravindran, Sriram; Cooper, Lyndon F. (2022). "Topography-mediated immunomodulation in osseointegration; Ally or Enemy". Biomaterials (en inglés) 291: 121903. PMC 10148651. PMID 36410109. doi:10.1016/j.biomaterials.2022.121903. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar