Inmigración galega en Cuba

Centro galego da Habana.

Os galegos en Cuba contan cuns 15 300 membros aproximadamente[1][2] esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara o porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940.

HistoriaEditar

Ó igual que outros símbolos de Galicia, como a bandeira, o estabelecemento do himno galego foi froito da emigración. En 1907, Xosé Fontenla Leal encargoulle a Manuel Curros Enríquez (un dos maiores expoñentes do Rexurdimento galego, que residía na Habana) que escribise a letra, e a José Castro "Chané" a música, pero Curros non foi quen de compoñer a letra e Fontenla decidiu escoller o poema de Pondal coa música de Pascual Veiga. Estreouse o 20 de decembro de 1907 no Centro Galego da Habana -hoxe Gran Teatro da Habana- e ata 1923 foi entoado por rexionalistas e agraristas nos seus actos, consolidándose paulatinamente como símbolo de Galicia. Cando se prohibiu o seu uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América fixeron medrar o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República acadou o recoñecemento oficial.

Cando os galegos comezaron a estabelecerse nalgún lugar da illa empezaron a producir e traballar tanto no campo coma na cidade da Habana. Construíuse o centro Galego da Habana, que no seu interior contiña un teatro moi grande, e foi na Habana onde se entoou por vez primeira o Himno Galego, no ano de 1924.

O pai de Fidel Castro, Ángel Castro Argiz, era galego, máis concretamente de Láncara, na provincia de Lugo.

NotasEditar

  1. Vieiros. "Languages and religions - Data, indicators". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de novembro de 2009.  Cidadáns galegos nas votacións.
  2. "Gallegos fuera de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2009. Consultado o 18 de xaneiro de 2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar