Inma Otero Varela

filóloga e ensaísta galega
(Redirección desde «Inmaculada Otero Varela»)

Inmaculada Otero Varela, tamén coñecida como Inmaculada Otero ou Inma Otero, nada en Carral o 30 de xuño de 1976, é unha filóloga e ensaísta galega.

Infotaula de personaInma Otero Varela
Biografía
Nacemento(es) Inmaculada Otero Varela Editar o valor em Wikidata
30 de xuño de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Carral, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , filóloga Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: inma.otero.50 Twitter: InmaOteroVarela AELG: 445 Dialnet: 3739768 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña (1994-1998) e Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela (1998-2000). Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados nesta última universidade no 2002 co traballo de investigación A narrativa experimental galega dos 80 e 90: un achegamento ao posmodernismo, no que tivo como titora a Dolores Vilavedra. Traballou no Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, pertencente ao Consello da Cultura Galega (2002-2003), para posteriormente ser Lectora de Lingua e Cultura Galega na Universidade de Roma La Sapienza (2003-2008). Traballa como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES David Buján de Cambre. Colabora como crítica literaria no suplemento Sermos de Nós Diario, en Grial e na web italiana «Insula Europea».[1][2]

Obras editar

Ensaio editar

Tradución editar

  • Emerxencia, de Maurizio Ferraris (2017). Euseino? Editores.

Notas editar

  1. "autor/a Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-09-06. 
  2. "Inmaculada Otero Varela". www.aelg.gal. Consultado o 2022-09-06. 
  3. "a propósito de O OBXECTO MULLER E O XIRO ONTOLÓXICO, de Inma Otero Varela, en Euseino?". Ferradura en Tránsito II. 2022-02-08. Consultado o 2022-09-06. 
  4. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-09-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar