Ingeborg María Rossel

política española

Ingeborg María Rossel, coñecida como Luz Rossel, nada en Ostende (Bélxica) o 3 de xuño de 1968, é unha política galega.

Infotaula de personaIngeborg María Rossel
Biografía
Nacemento3 de xuño de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Ostende
Cargos
Concelleira do Concello de Negueira (2003-2007)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMembro dunha cooperativa
Partido políticoBloque Nacionalista Galego
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cursou estudos de historia e na actualidade forma parte dunha cooperativa que se dedica á produción de conservas ecolóxicas, traballos forestais e labores de restauración. Ten dous fillos e vive no lugar de Ernes na parroquia de San Pedro de Ernes. É membro en asociacións de veciños, de mulleres e de desenvolvemento de Negueira de Muñiz.

Foi elixida concelleira do concello de Negueira de Muñiz polo BNG nas eleccións municipais de 2003 e 2007, e nas municipais de 2011 foi a candidata á alcaldía polo mesmo partido.

Nas eleccións municipais de 2011 levou a cabo o primeiro mitin político que coñeceu Negueira de Muñiz en moito tempo; que coincidiu cun día de mercado na vila de Negueira, xuntando á metade do censo do concello.