Infibulación
A infibulación é unha cruel mutilación dos xenitais femininos consistente nunha clitoridectomía seguida polo peche vaxinal mediante sutura. Soamente se deixa unha pequena abertura para a emisión da urina e descarga do sangue menstrual.
Características
editarPolo xeral é unha parteira ou curandeira quen realiza a infibulación cando as nenas teñen entre 2 e 7 anos de idade [1]. Non se utiliza anestesia e é común que as pequenas desenvolvan infeccións xa que as condicións da operación tenden a non ser moi hixiénicas[2].
A infibulación, chamada tamén circuncisión faraónica máis que definida é descrita así polo Dr. Cordero Marín[Cómpre referencia]: exportación total do clítoris, labios menores e parte dos labios maiores. As dúas partes da vulva sutúranse con espiños, xeralmente con acacia anana, fíxanse con cordel en peche de corpiño deixando un só buraco que dea paso aos ouriños e ás regras e asegurando a súa permeabilidade cun anaco de cana de bambú. A hemostasia realízase aplicando unha mestura, case sempre de azucre e goma arábiga. A continuación encóstanse ambas as pernas amarrándoas ata a altura dos xeonllos. Unhas semanas despois quítanse os espiños; se a operación non deu resultado repítese de novo.
Despois do matrimonio a vulva é aberta cun coitelo, o que a miúdo volve ocorrer en ocasión dun parto. O peche vaxinal volve repetirse cada vez que o esposo desexa facer unha viaxe.
A infibulación é a forma mais extensa do que en varias culturas africanas se denomina[[circuncisión feminina, unha práctica que aínda se vén realizando en 28 países. A meta é que as mulleres perdan a habilidade de sentir pracer sexual durante o coito, asegurando dese xeito que non serán infieis. O resultado é que a maioría das mulleres que son vítimas da infibulación desenvolven problemas médicos desde os quistes dermoides, infeccións urinarias e fístulas, ata as hemorraxias uterinas e outras complicacións serias que poden causarlles ata a morte.
Notas
editar- ↑ Skaine, Rosemary. Mutilación Xenital Feminina: Ramificacións Legais, Culturais e Médicas. McFarland 2005. ISBN 0-7864-2163-3
- ↑ Pieters, Guy, M.D.; Albert B. Lowenfels, M.D.; "Infibulación no Corno de Africa", en New York State Journal of Medicine. Abril 1977. 77 (6): 729-731.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Infidel", Ayaan Hirsi Ali, 2007, pps 112-113,143, Free Press, ISBN 978-0-7432-8968-9
- "Infibulation in the Horn of Africa", Guy Pieters, M.D. e Albert B. Lowenfels, M.D., F.A.C.S., New York State Journal of Medicine, Volume 77, Number 6: Pages 729-31, abril 1977. Hosted on Circumcision Information and Resource Pages, cirp.org. Consultado o 16 de maio de 2007.
- "Policy - Female Circumcision, Excision and Infibulation", en The College of Physicians and Surgeons of Ontario, xullo/agosto de 2001. Consultado o 16 de maio de 2007.