Coordenadas: 43°31′49.84″N 08°12′7.86″O / 43.5305111, -8.2021833

Indipunt é unha empresa galega fundada en Ferrol e con sede en Narón adicada á confección de pezas de punto.[2]

Indipunt

Sede en Río do Pozo, Narón
TipoSociedade Anónima
MatrizInditex
LocalizaciónAv. Gonzalo Navarro 37-43. Polígono Río do Pozo, 15573 Narón, (A Coruña) Galicia Galicia
FundadorManuel Pampín Domínguez
IndustriaRoupa
Beneficio71,3 millóns de euros (en 2015)[1]
Número de empregados200
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
JEMA en Catabois, Ferrol.

As orixes da empresa están nun obradoiro téxtil en Leixa (Ferrol). A mediados dos anos 90 a empresa chegou a un acordo de produción con Inditex. En 1997 Inditex mercou o 51% da empresa. A principios do 2000 a produción transladouse a Río do Pozo fusionado as fábricas de O Noso Punto, Maneiras e Jema.[3] As instalacións de Leixa pasaron a ser almacén para Lefties.[4] En 2017 Inditex mercou o 100% da empresa. En 2018 Inditex pechou Indipunt Diseño, o equipo creativo da marca. Integrando aos 20 traballadores na zona de deseño en Arteixo.[5]

Notas editar