Abrir o menú principal

In flagranti delicto[1] é unha locución latina propia da linguaxe xurídica que significa "no momento de cometer un delito". Indícase con esta expresión que se sorprendeu a alguén no momento de cometer un acto que debe ser castigado, unha acción punible. Tamén se emprega a tradución directa "en flagrante (delito)"[2]. Hai na lingua galega varias expresións populares equivalentes á locución latina, como "coller a un nas patacas", "coller a un coas mans no allo" ou "pillar a un na figueira". A locución in fraganti co mesmo significado vén recollida nalgúns dicionarios[3] pero é unha forma propia do castelán[4].

NotasEditar

  1. López Díaz, Xosé "delito"Dicionario galego-latino CRPIH 2010, p. 338
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flagrante.
  3. Definición de in fraganti* no Dicionario de Galego.
  4. Díez Losada, Fernando (2004) La tribuna del idioma Editorial Tecnológica de Costa Rica, p. 300