In dubio pro reo é unha locución latina que significa literalmente "ante a dúbida, a favor do reo". Expresa o principio xurídico de que en caso de dúbida, por exemplo insuficiencia probatoria, favorecerase ao acusado ou ao imputado (reo). Este principio formaba parte da interpretación aristotélica da lei e a forma da lei romana: Favorabiliores rei potius quam actores habentur, que significa "a condición da parte demandada ha de ser favorecida en lugar da do demandante". Esta frase pertence a Xustiniano I (D.50.17.125) [1].

Ademais de ser un reforzo do principio de inocencia, a súa aplicación está relacionada co principio de legalidade. Sabemos que para xulgar a alguén asinándolle a pena, a súa conduta debeu estar penada por unha lei anterior aos feitos do proceso. En caso de que a pena posteriormente se agrave, se suavice ou se deroge, non debe aplicarse a lei vixente ao momento dos feitos do proceso, senón aquela máis favorable ao imputado. Se este xa foi condenado, a súa pena debe adecuarse á lexislación máis benigna, incluso se iso implica a súa liberación.

É un dos piares do Dereito penal moderno onde o fiscal ou o axente estatal equivalente debe probar a culpa do acusado e non este último a súa inocencia.

In dubio pro reo

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar