In articulo mortis
In articulo mortis é unha locución latina que significa literalmente “No momento da morte”. Expresa as últimas vontades do defunto antes de morrer. É moi empregada en Dereito e Teoloxía para definir accións ou decisións no transo final do individuo cara á morte. Antigamente era unha condición sine qua non para recibir o sacramento da Extrema unción ata que se universalizou no Concilio Vaticano Segundo. Por exemplo: "celebraron a voda in articulo mortis".
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine.