In Search of Our Mothers' Gardens: Womanist Prose
libro de Alice Walker
In Search of Our Mothers' Gardens: Womanist Prose é unha colección de 36 textos escritos por Alice Walker que foi publicada en 1983. Está formada por ensaios, artigos, revisións, declaracións, e discursos escritos entre 1966 e 1982.[1] Moitos deles están baseados no seu entendemento da teoría do "mullerismo". Walker define a "mullerista" no comezo da súa colección como "unha feminista negra ou feminista de cor".[2]
In Search of Our Mothers' Gardens: Womanist Prose | |
---|---|
Título orixinal | In Search of Our Mothers' Gardens: Womanist Prose |
Autor/a | Alice Walker |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ensaio |
Editorial | Harcourt Brace Jovanovich |
Data de pub. | 1983 |
Formato | Tapas brandas |
Páxinas | 418 |
ISBN | ISBN 0-15-602864-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ademais de escribir sobre as mulleres e a creatividade, Walker engade temas como as armas nucleares, o antisemitismo e o movemento polos dereitos civís.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Munro, C. L. "In Search of our Mothers' Gardens." Black American Literature Forum 18.4 (1987).
- Walker, Alice. In Search of our Mothers' Gardens: Womanist Prose. Nova York: Harcourt Inc, 1983.