In & Out

filme de 1997 dirixido por Frank Oz

In & Out é un filme estadounidense dirixido por Frank Oz que se estreou en 1997. Está protagonizado por Kevin Kline, Joan Cusack, Matt Dillon, Tom Selleck, Debbie Reynolds, Bob Newhart e Wilford Brimley. O guión foi escrito por Paul Rudnick. Joan Cusack foi nomeada ó Oscar á mellor actriz secundaria pola súa interpretación.

In & Out
Ficha técnica
Título orixinalIn & Out
DirectorFrank Oz
ProdutorG. Mac Brown
Scott Rudin
Suzanne Santry
Adam Schroeder
GuiónPaul Rudnick
IntérpretesKevin Kline
Joan Cusack
Tom Selleck
Matt Dillon
Debbie Reynolds
MúsicaMarc Shaiman
FotografíaRob Hahn
MontaxeDaniel P. Hanley
John Jympson
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea 19 de setembro de 1997
Galicia 12 de maio de 2021 (TVG)
Duración92 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento$35 000 000[1]
Recadación$63 856 929
Na rede
IMDB: tt0119360 Filmaffinity: 817208 Allocine: 1947 Rottentomatoes: m/in_and_out Allmovie: v158538 TCM: 415919 Metacritic: movie/in-out Netlix: 1178837Editar o valor em Wikidata

Estreouse en galego o 12 de maio de 2021 na TVG.[2] A directora de dobraxe foi Charo Pena.

Sinopse editar

Howard Brackett (Kevin Kline), profesor de literatura inglesa, está a piques de casar con Emily (Joan Cusack), pero xorden complicacións cando un antigo alumno (Matt Dillon) gaña un Oscar e llo dedica ó "seu antigo profesor homosexual de literatura". A partir dese intre, Howard non terá vida privada e os equívocos sucederanse, porque nin sequera el mesmo sabe cal é a súa orientación sexual.

Personaxes editar

Voz da dobraxe galega de Tacho González.
Voz da dobraxe galega de Miguel Pernas.
Voz da dobraxe galega de Monti Castiñeiras.

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1997: Nomeada ó Oscar: Mellor actriz secundaria (Joan Cusack).
  • 1997: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Actor comedia (Kevin Kline) e actriz secundaria.
  • 1997: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actriz secundaria (Joan Cusack).
  • 1997: Critics' Choice Awards: Mellor actriz secundaria (Joan Cusack).

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "In & Out na TVG". TVG. 12 de maio de 2021. Consultado o 12 de maio de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar