Os Inérmidos (Inermiidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas tropicais do Atlántico occidental.

Características

editar

Non teñen dentes nas mandíbulas nin no vómer nin no padal. Presentan dous grandes poros submaxilares. Mandíbula superior moi protáctil.

Dúas aletas dorsais: a primeira con 10-19 espiñas e a segunda con dúas ou ningunha espiña e 10 radios brandos; a aleta anal con tres espinas e 8-10 radios brandos. Caudal profundamente furcada.

A lonxitude máxima descrita é de 25 cm.

Forman bancos que se alimentan de plancto en augas abertas, pero á hora de reproducirse son peláxicos.

Clasificación

editar

Só ten dous xéneros cunha especie cada un:

  • Xénero Emmelichthyops:
    • Emmelichthyops atlanticus (Schultz, 1945)
  • Xénero Inermia:
    • Inermia vittata (Poey, 1860)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar