Impresora de inxección

Unha impresora de inxección[1] é un tipo de impresora que recrea unha imaxe dixital expelendo pingas de tinta en papel, plástico ou outros elementos. Son impresoras populares para o pequeno usuario pola súa capacidade de impresión de calidade a baixo custo, a súa baixa velocidade de impresión ou o alto custo do mantemento por desgaste non son factores importantes polo baixo número de copias realizadas nestes contornos.

HP Thinkjet, unha dos primeiros modelos comerciais de impresoras de inxección (1984)

FuncionamentoEditar

A impresión de inxección é un método sen contacto coa cabeza de impresión. Os filtros que se atopan na cabeza botan a tinta mentres percorre a páxina en franxas horizontais, usando un motor para moverse lateralmente, e outro para pasar o papel en pasos verticais. O papel móvese logo de imprimirse unha franxa listo para a seguinte. Para acelerar o proceso a cabeza non só imprime unha simple liña de píxeles en cada pasada, senón tamén unha liña vertical de píxeles á vez. A tinta procede duns cartuchos substituíbles. Algunhas impresoras utilizan dous cartuchos, un para a tinta negra e outro para a de cor, onde adoitan estar as tres cores básicas. Este sistema facilita a manipulación pero implica o cambio do cartucho en canto unha das cores estea esgotada. Pero a aparición no mercado de impresoras con cartuchos de tinta de cores individuais facilitou un maior rendemento ao ter só que cambiar a cor esgotada.

NotasEditar