O implante mamario é unha prótese usada en cirurxía estética para aumentar o tamaño das mamas, o que tamén se coñece como aumento de peito ou mamoplastia de aumento. Así mesmo consiste en realizar unha reconstrución de peitos, por exemplo, para corrixir deformidades xenéticas, tras unha mastectomía ou como parte da cirurxía de cambio de sexo.

Os enxertos para aumentar o tamaño ou a forma dos seos femininos utilizáronse desde 1895. O enxerto coñecido máis temperán foi procurado por Czerny, utilizando un tecido adiposo propio dunha muller, obtido dun lipoma (un tipo de tumor benigno) das súas costas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar