Imma António Souto

dramaturga e actriz teatral galega

María Inmaculada Antonio Souto,[1] coñecida como Imma António Souto, nada na Coruña o 29 de maio de 1968, é unha dramaturga e actriz teatral galega.

Imma António Souto
Imma António en 2018.
Nome completoImma António Souto
Nacemento29 de maio de 1968 (55 anos)
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
Na rede
Bitraga: 2516
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ten traballado en diferentes campos creativos, como a escrita, o teatro, o cine, o vídeo, a televisión, a dobraxe e a creación literaria. Como deseñadora foi responsable de vestiario e da escenografía de varios espectáculos.

Como autora forma parte do grupo de autores que xurdiu na década de 1980 na Coruña arredor dos Cadernos da Escola Dramática Galega, dirixidos e coordinados por Francisco Pillado Maior e Manuel Lourenzo.[2]

Como actriz participou en obras da Compañía Luís Seoane, Teatro do Noroeste, Centro Dramático Galego e Produccións Librescena. Tamén participou nalgún episodio de Terra de Miranda.

En 2018 foi nomeada Presidenta da Academia Galega do Teatro (AGT).[3]

En 2020 a SEGA dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.[4]

Obras teatrais editar

Obras editadas editar

Teatro editar

Premios editar

  • Premio Retrincos no 1983.
  • Premio Galo Salinas no 1985.
  • Mención no Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1985, por História do silèncio.
  • Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1987, por Como cartas a un amante.
  • Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega no 1989, por As águas mudas.
  • Premio Arlequín no 1990, por Era nova e sabia a malvaísco.
  • Premio Rafael Dieste no 2003, por A ciencia dos anxos.[7]

Notas editar

  1. "AcadémicosAcademia Galega de Teatro". www.academiagalegadeteatro.gal. Consultado o 2020-02-26. 
  2. "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2020-02-26. 
  3. Ramos, Alberto. "Inma António Souto: “O teatro é de todas e debemos defendelo como as pensións, a sanidade ou a educación”. Axenda cultural AELG". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2020-02-26. 
  4. Diario, Nós. "O VII Día das Galegas nas Letras para Inma Antonio". Nós Diario. Consultado o 2020-02-26. 
  5. Souto, Inma Antonio (2004). Os cárceres do esquenzo. ISBN 978-84-9782-211-4. 
  6. "Proxecto Meiga. Ver rexistro en detalle". www.opacmeiga.rbgalicia.org. Consultado o 2020-02-26. 
  7. "A ciencia dos anxos. Deputación Provincial da Coruña. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-02-26. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar