Agria Gramvousa

(Redirección desde «Imeri Gramvousa»)

Gramvousa tamén Grampousa (grego: Γραμβούσα ou Γραμπούσα, outro nomes inclúen Akra, Cavo Buso, Cavo Bouza, Garabusa e Grabusa) refírese a dúas pequenas illas deshabitadas da costa do noroeste de Creta no unidade rexional de Chania.[1] adminístranse desde o municipio de Kissamos.

Imeri Gramvousa
Ημερη Γραμβούσα
Imeri Gramvousa en Grecia
Imeri Gramvousa
Imeri Gramvousa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaIlla de Creta
MarMar Mediterráneo
Coordenadas35°36′40″N 23°34′45″L / 35.61111, -23.57917Coordenadas: 35°36′40″N 23°34′45″L / 35.61111, -23.57917
Xeografía
Superficie0´722 km²
Longura máxima1´26 km.
Largura máxima1´16 km.
Punto máis alto124 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada
Agria Gramvousa
Αγρια Γραμβούσα
Agria Gramvousa en Grecia
Agria Gramvousa
Agria Gramvousa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaIlla de Creta
MarMar Mediterráneo
Coordenadas35°38′30″N 23°35′10″L / 35.64167, -23.58611
Xeografía
Superficie0´825 km²
Longura máxima2 km
Largura máxima550 m.
Punto máis alto101 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Imeri e Agria Gramvousa editar

Imeri Gramvousa (grego: Ήμερη Γραμβούσα), que se traduce como Gramvousa mansa, alberga os restos dunha fortaleza veneciana e os restos de edificios abandonados polos insurxentes de Creta, que se viron obrigados a vivir como piratas durante a Guerra de Independencia grega. Hoxe en día, Imeri Gramvousa é unha popular atracción turística.

Agria Gramvousa (grego: Άγρια Γραμβούσα), que se traduce como Gramvousa salvaxe, é moito menos hospitalaria e atópase ao norte de Imeri Gramvousa.

Guerras Otomás-venecianas editar

 
Os muros da fortaleza en Imeri Gramvousa

O forte de Imeri Gramvousa foi construído entre 1579 e 1584 durante o dominio veneciano sobre Creta, para defender a illa dos turcos otománs. A fortaleza permaneceu en mans venecianas ao longo da longa Guerra de Creta, no tratado de 16 de setembro de 1669, cando Creta se rendeu aos otománs, Gramvousa, xunto coas fortalezas de Souda e Spinalonga, seguiu en mans de Venecia.[2] Estes tres fortes defenderon as rutas comerciais venecianas e tamén eran bases estratéxicas en caso dunha nova guerra otomá-veneciana en Creta.[3]

O 6 de decembro de 1691, durante a Guerra de Morea (outra guerra otomá-Venecia), o capitán napolitano de la Giocca traizoou aos venecianos e entregou Gramvousa aos turcos otománs a cambio dun xeneroso suborno. Viviu o resto da súa vida en Constantinopla. E foi moi coñecido polo alcumo de "Capitán Grambousas".[3] Non moito tempo despois do inicio da dominación turca, insurxentes de Creta utilizaron as tres fortalezas costeiras que incluían Gramvousa, para reunirse.[4]

Guerra de Independencia grega editar

Co estoupido da Guerra de Independencia grega, a fortaleza caeu en mans dos insurrectos. En 1823, Emmanouil Tombazis, comisionado do goberno provisional grego para Creta, fracasou no reforzo das defensas de Gramvousa cando tivo a oportunidade, pouco despois da súa chegada á illa.[5] Volvendo a mans turcas.

Cara ao verán de 1825, un corpo de tres a catrocentos cretenses, que loitara con outros gregos no Peloponeso, viaxou a Creta. O 9 de agosto de 1825, dirixidos por Dimitrios Kallergis e Emmanouil Antoniadis, este grupo de cretenses, disfrazados de turcos, capturou a fortaleza de Gramvousa, que se converteu na súa base. Estas e as accións posteriores revitalizaron a insurxencia de Creta, marcando o comezo do chamado "período de Gramvousa".[6]

Malia que os otománs non lograron volver tomar a fortaleza, tiveron éxito en bloquear a propagación da sublevación nas provincias occidentais das illas. Os insurxentes foron sitiados en Gramvousa durante máis de dous anos e tiñan que recorrer á piratería para sobrevivir. Gramvousa converteuse nun fervedoiro de actividade de piratería que afectou en gran medida a relación turco-exipcia e a navegación europea na rexión. Durante ese período, a poboación de Gramvousa organizouse e construíu unha escola[7] e unha igrexa. A igrexa chámase Panagia i Kleftrina e dedicouse ás esposas dos Cleftes (grego: κλέφτης) (nome dado aos rebeldes gregos), a saber, os piratas.[8]

En 1828, o novo gobernador de Grecia, Ioannis Kapodistrias, enviou a Alexander Mavrocordatos con naves británicas e francesas a Creta para facer fronte aos piratas. Esta expedición rematou coa destrución de todos os barcos piratas en Gramvousa e o forte quedou baixo control británico.[8] O 5 de xaneiro de 1828, por orde de Kapodistrias, Hatzimichalis Dalianis desembarcou en Gramvousa con 700 homes.

Durante a revolta de Creta de 1878, só os fortes de Gramvousa, Ierapetra, Spinalonga, Heraklion, Rethymnon, Izeddin, Hania e Kissamos non puideron ser capturados polos insurxentes debido a que non tiñan a artillaría necesaria.[9]

Lagoa de Balos editar

Hai unha lagoa, chamada a lagoa de Balos, entre a illa e a costa de Creta. Hai un illote que forma parte dun cabo, a través da lagoa, chamada Cabo Tigani (que significa "tixola" en grego). Ao norte de Balos, no cabo Korykon, están as ruínas da pequena e antiga cidade romana de Agnion, cun templo ao deus Apolo.

 
Posta do sol na lagoa de Balos con Cabo Tigani no centro, Pondikonisi no fondo á esquerda, a illa de Imeri Gramvousa no fondo á dereita, e máis atrás á dereita atópase a illa de Agria Gramvousa (fotografía panorámica tomada desde a illa de Creta).
 
Lagoa de Balos co cabo Tigani á dereita

Referencias editar

  1. Γραμβούσα - Μπάλος Arquivado 21 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Greek Panorama, Issue 27, May/June 2002 (Grego)
  2. Maltezou, Crete under Venetian rule, p. 159
  3. 3,0 3,1 Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 343
  4. Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 355
  5. Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 378
  6. Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 381
  7. Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 422
  8. 8,0 8,1 Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 383
  9. Detorakis, Turkish rule in Crete, p. 408

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar