Ilya Ilyich Mechnikov

(Redirección desde «Ilya Mechnikov»)

Ilya Ilyich Mechnikov, ou en cirílico Илья Ильич Мечников, tamén coñecido como Elías Metchnikoff, nado en Khárkiv o 16 de maio de 1845 e finado en París o 16 de xullo de 1916, foi un microbiólogo ucraíno de orixe xudía, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1908.

Ilya Ilyich Mechnikov
Nome completoIlya Ilyich Mechnikov
Nacemento3 de maio de 1845, 15 de maio de 1845 e 16 de maio de 1845
Lugar de nacementoIvanivka e Khárkiv
Falecemento2 de xullo de 1916 e 16 de xullo de 1916
Lugar de falecementoParís
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoParís
NacionalidadeImperio Ruso e Francia
EtniaPobo ucraíno
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Gotinga e sen etiquetar
Ocupaciónbiólogo, immunólogo, zoólogo, químico, inventor, médico, fisiólogo, microbiólogo, entomólogo e botánico
PaiIlya Ivanovich Mechnikov
NaiEmilia Barto Mechnikov
CónxuxeOlga Belokopytova
IrmánsIvan Ilyich Mechnikov e Léon Metchnikoff
PremiosPremio Nobel en Fisioloxía ou Medicina, Medalla Copley, Karl Ernst von Baer medal, Albert Medal e Foreign Member of the Royal Society
Na rede
WikiTree: Mechnikov-1 Find a Grave: 217526034 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Ilya Ilyich Mechnikov

Traxectoria editar

Durante o traxecto da súa vida deulle as costas á tradición xudía dos seus devanceiros; converteuse lentamente nun fervente ateo e revolucionario. A lectura do libro A orixe das especies de Charles Darwin produciulle un forte impacto no seu concepto científico da natureza. Logo chegou, grazas ao azar, á microbioloxía, onde descubriu procesos como a fagocitose axudado e patrocinado por Louis Pasteur en Francia.

Estudou nas universidades de Khárkiv e Würzburg. En 1870 foi nomeado profesor de zooloxía da Universidade de Odesa, cargo que deixou en 1882 para dedicarse a investigar en bacterioloxía e patoloxía. Tras dirixir o Instituto Bacteriolóxico de Odesa entre 1886 e 1888, trasladouse ao Instituto Pasteur de París, sendo nomeado subdirector en 1895.

En 1884 formulou a "teoría fagocitósica da inmunidade", que explicaría a capacidade do corpo humano para resistir e vencer as enfermidades infecciosas. Pero os seus estudos máis importantes están relacionados coa sífilis, estudos que permitirían posteriormente a Paul Ehrlich descubrir un tratamento eficaz contra ela. Foi o introdutor do emprego dos fermentos lácticos en terapéutica para modificar a fermentación pútrida no intestino e creu atopar nos microbios do leite acedo -o iogur- a solución ao problema do envellecemento.

Tivo sempre un respecto reverencial pola morte e por iso creou disciplinas científicas como a xerontoloxía (ciencia da vellez) e a tanatoloxía (ciencia da morte). Ilya cría que a morte estaba vencellada, en certa forma, coa sífilis e buscou, xunto con Emile Roux, unha cura, descubrindo o ungüento gris a base de calomelanos.

En 1908 compartiu con Paul Ehrlich o Premio Nobel de Medicina polos seus traballos sobre a fagocitose e a inmunidade.

Bibliografía editar

Entre as obras que deixou escritas destacan Patoloxía comparada da inflamación (1893), A natureza do home (1903), A inmunidade nas enfermidades infecciosas (1905) e O alongamento da vida (1908).


Véxase tamén editar