Arquipélago das illas do Canal

(Redirección desde «Illas do Canal, California»)

Coordenadas: 33°30′N 119°30′O / 33.500, -119.500

Non confundir coas Illas do Canal (ou Illas Anglo-normandas).

O arquipélago das illas do Canal, ou arquipélago do Norte, ou illas do Canal (en inglés, Channel Islands of California) é un conxunto de illas situadas fronte á costa de California. De facto son parte do estado de California, nos Estados Unidos desde 1852.

Localización das illas do Canal.
En cor verde escura, as cinco que forman parte do P. N. Illas do Canal

Está formado por oito illas —San Miguel, Santa Rosa, Santa Cruz, Anacapa, Santa Bárbara, San Clemente, San Nicolás e Santa Catalina—, dous illotes —Prince e Sutil—, ademais de numerosos farallóns que se estienden ao longo da costa, desde San Diego até San Francisco. As illas setentrionais do grupo están separadas do continente polo canal de Santa Bárbara, e as meridionais polo canal de San Pedro.

As illas encóntranse baixo a soberanía dos Estados Unidos de América desde 1852, pero grupos non oficiais mexicanos reclámanas para o seu país, pero non así o goberno de México, que non efectuou reclamación ningunha sobre elas. En 1972, os Brown Berets ou "Boinas cafés", un grupo de activistas latinos, chicanos e mexicanos residentes tomaron a illa Santa Catalina, invocando o Tratado de Guadalupe-Hidalgo, o cal non fai mención ningunha sobre as illas.

Desde 1980, cinco das illas integran o Parque Nacional Illas del Canal (Channel Islands National Park): San Miguel, Santa Rosa, Santa Cruz, Anacapa e Santa Bárbara.

Véxase tamén editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.