Illacme plenipes
Female Illacme plenipes (MIL0020) with 618 legs - ZooKeys-241-077-SP-6-left.jpg
Femia de I. plenipes con 618 patas
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Myriapoda
Clase: Diplopoda
Orde: Siphonophorida
Familia: Siphonorhinidae
Xénero: Illacme
Especie: I. plenipes
Nome binomial
Illacme plenipes
Cook & Loomis, 1928
Hábitat idóneo predito (máximo en azul) para I. plenipes baseado en variables climáticas

Hábitat idóneo predito (máximo en azul) para I. plenipes baseado en variables climáticas

Illacme plenipes é un diplópodo (milpés) siforrínido que se encontra na rexión central do estado de California. Algúns individuos chegan a ter 750 patas, polo que é o animal con máis patas do mundo. Viuse por primeira vez en 1926, mais non foi redescuberto ata 2005. É unha das dúas especies do xénero Illacme. Unha segunda especie, Illacme tobini, descubriuse e nomeouse en 2016.

Femia de I. plenipes con 662 patas.

PatasEdit

Aínda que ningún milpés ten mill patas, o que máis se achega a esa cifra é I. plenipes.[1] Como media esta especie ten unhas 600 patas, o dobre que a media dos milpés, pero hai rexistros de individuos con 750. Malia esta gran cantidade de patas, o animal é bastante pequeno, mesmo en comparación con outros milpés. As femias crecen aproximadamente ata 2,5 cm; os machos son aínda un pouco menores e con menos patas.

Historia taxonómicaEdit

A especie descubriuna en San Benito County, que está dentro da Provincia Florística de California, en 1926 o científico federal Orator Cook e describírona formalmente Cook e Harold F. Loomis en 1928.[2] Cook e Loomis describiron a especie sen deixar ilustracións e ata 1996 non se proporcionaron as primeiras ilustracións grazas a Rowland Shelley do North Carolina Museum of Natural Sciences, que reexaminou os espécimes orixinais.[3] Porén, a especie non se volveu a ver viva de novo ata que foi redescuberta en 2005, case 80 anos despois, por Paul Marek, que entón era un estudante da East Carolina University.[4] Marek publicou o seu descubrimento na revista Nature.[5] Marek e colegas deron unha descrición máis detallada da anatomía e ecoloxía de I. plenipes en 2012.[1]

ClasificaciónEdit

Illacme pertence á orde Siphonophorida e á familia Siphonorhinidae. É o único sifonorrínido coñecido no hemisferio occidental, aínda que Shelley suxeriu que se deberían encontrar máis especies no sur de California e México.[3] O parente máis próximo de Illacme non foi determinado, pero un probable candidato é Nematozonium filum do sur de África, que tamén ten un corpo longo e estreito e característicos gonópodos.[1]

NotasEdit

  1. 1,0 1,1 1,2 Marek, P.; Shear, W.; Bond, J. (2012). "A redescription of the leggiest animal, the millipede Illacme plenipes, with notes on its natural history and biogeography (Diplopoda, Siphonophorida, Siphonorhinidae)". ZooKeys 241 (241): 77–112. PMC 3559107. PMID 23372415. doi:10.3897/zookeys.241.3831. 
  2. O. F. Cook & H. F. Loomis (1928). "Millipedes of the order Colobognatha, with descriptions of six new genera and type species, from Arizona and California". Proceedings of the United States National Museum 72 (18): 1–26, f. 1–6, pls. 1–2. doi:10.5479/si.00963801.72-2714.1. 
  3. 3,0 3,1 Shelley, Rowland M. (1996). "The milliped order Siphonophorida in the United States and northern Mexico" (PDF). Myriapodologica 4 (4): 21–33. [Ligazón morta]
  4. "ECU students rediscovers rare millipede". East Carolina University. June 15, 2006. Consultado o August 27, 2010. 
  5. Paul E. Marek and Jason E. Bond (2006). "Biodiversity hotspots: rediscovery of the world's leggiest animal". Nature 441 (7094): 707. PMID 16760967. doi:10.1038/441707a. 

Véxase taménEdit

Ligazóns externasEdit