Illa de Santa Catalina, España

A illa de Santa Catalina é unha illa española situada na contorna da península de Almina, en Ceuta.

Mapa de Ceuta, coa illa de Santa Catalina na súa parte oriental.

Nos anos 80 e 90 do século XX foi sepultada e unida a terra firme, debido ao desmesurado crecemento dos refugallos vertidos no vertedoiro da cidade.

Nos últimos anos a Área de Costas e Medio mariño do Ministerio de Medio Ambiente levou a cabo obras de traslado, selado e acondicionamento do antigo vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Santa Catalina de Ceuta, nas cales se limpou e rehabilitou a illa e a súa pequena Fortaleza Circular, usada no século XVIII como cárcere.