Illa de Santo Antón

illa na enseada de San Simón, na ría de Vigo
(Redirección desde «Illa de San Antón»)
Non confundir coa Illa de Santo Antón, A Coruña.

A Illa de Santo Antón é unha illa situada na costa do concello de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está unida á illa de San Simón por unha ponte monumental de tres ollos.

Modelo:Xeografía físicaIlla de Santo Antón
Imaxe
TipoIllote Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCesantes, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°18′34″N 8°37′46″O / 42.309444, -8.629444
Bañado porría de Vigo Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie0,012 km² Editar o valor en Wikidata
Ponte que une a illa de Santo Antón coa de San Simón.

Na illa de Santo Antón (que apenas mide 1,2 hectáreas) había unha leprosería, ao igual que na veciña San Simón, pero o seu lazareto era cualificado coma lazareto sucio, mentres que o de San Simón era un lazareto limpo, debido á virulencia da enfermidade dos enfermos que acollían.

O edificio, que aínda se conserva xunto coas outras dependencias, serviu de cadea durante a guerra civil española para presos contrarios ao alzamento franquista de 1936, pertencentes aos partidos antifascistas e ás organizacións sindicais, ata os anos corenta. Despois da guerra, tódolos edificios das dúas illas foron empregados pola OJE, a organización xuvenil da "Falange Española de las JONS", único partido permitido durante a ditadura franquista.

No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural.[1]

No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.

Actualmente o arquipélago pode ser visitado de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.