Illa de Las Palomas

Las Palomas é unha pequena illa española de forma cónica e de 1'2 hectáreas de superficie situada moi destacadamente a 6 quilómetros ao Suroeste do porto de Cartagena (Murcia), bastante afastada da costa. É inhóspita e pedregosa e a súa cima está completamente cuberta de guano debido a ser posadeiro de moitas aves mariñas. foi declarada Área de Protección da Fauna Silvestre e Espazo Natural Protexido.