Illa de Io To
Iō Tō (en xaponés 硫黄島 Iō-tō, «illa do xofre»), coñecida popularmente como Iwo Jima, é unha illa xaponesa de orixe volcánica, que forma parte das Illas Ogasawara. Está situada 1040 quilómetros ao sur da costa de Toquio, de 7,2 km de lonxitude por 4 quilómetros de ancho, e 21 km². Nela atópase o volcán Suribachi.
Iō tō | |
---|---|
硫黄島 | |
![]() | |
![]() Localización de Iwo To | |
Situación | |
País | Xapón |
prefectura | Toquio |
Arquipélago | Illas Ogasawara |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 24°47′N 141°19′L / 24.783, -141.317Coordenadas: 24°47′N 141°19′L / 24.783, -141.317 |
Xeografía | |
Superficie | 21 km² km² |
Longura máxima | 7,2 km |
Largura máxima | 4 km |
Punto máis alto | 166 m. Monte Suribachi |
Distancia a terra | 104 quilómetros |
Administrativamente está pertencente ó concello de Ogasawara (小笠原村) na subprefectura de Ogasawara (小笠原支庁) da prefectura de Toquio no Xapón. Actualmente na illa están bases da Forza Marítima de Autodefensa do Xapón e da Forza Aérea de Autodefensa do Xapón.
HistoriaEditar
A illa foi descuberta en 1543 por Bernardo de la Torre a bordo da nave San Juan de Letrán. Cara a 1887, Xapón fai unha viaxe de investigación e non é até 1889 cando chegan os primeiros habitantes a ocupala, formalmente uníndoa á prefectura de Toquio en 1891. Para 1943 xa existían cerca de 1.100 civís xaponeses establecidos na illa. A maioría deles eran tamén empregados da cana de azucre localizada na parte nordeste da illa, ou da mina de sulfuro e refinería localizada na mesma área. Os habitantes de Iwo Jima vivían nun dos cinco establecementos, distribuídos na metade norte da illa. O establecemento que se encontraba máis ao norte era Kita (literalmente "Norte"), localizado na parte norte central de Iwo. A aldea de Nishi ("Oeste") estaba situada na parte noroeste da illa, mentres que Motoyama, a área urbanizada máis grande en Iwo, estaba situada cerca das proximidades da mina e refinería de sulfuro. As dúas aldeas restantes, Higashi ("Leste") e Minami ("Sur"), estaban achantadas na parte nordeste da illa.
Na segunda guerra mundial foi o escenario dunha das batallas mais sanguentas da guerra entre febreiro e marzo de 1945, a chamada Batalla de Iwo Jima, ao existir nela dous aeródromos que foron un importante obxectivo para o exército estadounidense na guerra contra o Xapón. En xuño de 2007 os seus habitantes decidiron recuperar a pronuncia tradicional da illa, Io To, que ten o mesmo significado ca Iwo Jima[1], mudando a súa forma kana de 「いおうじま」 a 「いおうとう[2].
NotasEditar
- ↑ La isla japonesa de Iwo Jima cambia de nombre. El País
- ↑ "硫黄島の呼称を「いおうじま」から「いおうとう」へ変更". Instituto de Información Xeográfica do Xapón
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Io To |