Illa da Toxa Pequena
illa na ría de Arousa
Coordenadas: 42°29′34″N 8°50′06″O / 42.492787, -8.835001
A Illa da Toxa Pequena é unha illa pertencente ó concello do Grove, situada a levante da Illa da Toxa, da que a separa unha canle de medio quilómetro de ancho.
Illa da Toxa pequena | |
---|---|
![]() Illa da Toxa pequena | |
Localización da illa da Toxa pequena | |
Situación | |
País | ![]() |
Concello | O Grove |
Provincia | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 0´1 km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Ten 10 hectáreas de superficie e é moi estreita e alongada (875 metros de norte a sur). Trátase dun illote baixo pero agreste, rochoso e cuberto de vexetación arbustiva. Importante banco marisqueiro e antigo lugar de pasto de gando. Aínda hoxe percórrena varios carreiros abertos polos mariscadores. Durante a Guerra Civil española foi lugar de refuxio dos perseguidos republicanos[Cómpre referencia].