A illa Umboi (inglés: Umboi Island, tamén chamada Rooke ou Siassi) é unha illa volcánica situada entre a parte continental de Papúa Nova Guinea e a illa de Nova Bretaña. Está separada de Nova Bretaña polo estreito Dampier e ten unha altura máxima de 1.548 metros. Umboi é un complexo volcánico do Holoceno sen erupcións en tempos históricos. Un complexo volcánico refírese ao conxunto extenso de centros volcánicos maiores e menores relacionados e asociados con lava e fluxos piroclásticos.

Illa Umboi
Illa Umboi en Papúa Nova Guinea
Illa Umboi
Illa Umboi
foto aérea da illa
Situación
PaísPapúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea
ArquipélagoArquipélago Bismarck
MarMar de Bismarck, Mar de Salomón
Coordenadas5°36′43″S 147°53′01″L / -5.61194, -147.88361Coordenadas: 5°36′43″S 147°53′01″L / -5.61194, -147.88361
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie930 km²
Longura máxima50 km.
Punto máis alto1.548 m. Monte Talo

Dise (por parte dalgúns nativos e por algúns investigadores estadounidenses) que é o fogar da «ropen», unha criatura nocturna, tipo de morcego, que se alimenta de peixes.[1]

Notas editar

  1. "Véase en". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2017. Consultado o 23 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar