A illa Thurston está cuberta polo xeo, de 215 quilómetros de longo por 90 quilómetros de ancho e 15.700 km² de área, estando ao NO da Terra de Ellsworth, na Antártida.

Illa Thurston
Thurston Island
Localización da illa
Situación
PaísAntártida Antártida
MarOcéano Antártico
Coordenadas72°06′S 99°00′O / -72.100, -99.000
Xeografía
Superficie15.700 km²
Longura máxima215 km.
Largura máxima90 km.
Punto máis alto750 m. Mount Howell
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Características editar

É a terceira illa máis grande da Antártida, logo da Illa Alexandre I e a illa Berkner. A illa está separada do continente polo estreito de Peacock, que está ocupado pola parte occidental da barreira de xeo Abbot.[1]

A illa foi descuberta do aire polo Contraalmirante Richard Evelyn Byrd o 27 de febreiro de 1940, quen a chamou en honra a W. Harri Thurston, fabricante téxtil de Nova York, deseñador dos protectores do vento chamados pano Byrd e patrocinador de expedicións Antárticas.

Ao principio foi cartografiada como un península, o trazo non foi recoñecido como unha illa ata 1960.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Australian Antarctic Division (ed.). "Antarctic Gazetteer: Thurston Island". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar