Illa Tawitawi (tamén escrito Tawi Tawi ou Tawi-Tawi) é unha illa Filipina no Arquipélago Sulu entre o Mar de Sulu e o Mar de Célebes, aproximadamente a 64 km ao leste de Borneo.[1] É a illa principal da provincia de Tawi-Tawi.

Tawi-Tawi
Localización da illa
Situación
País Filipinas
ProvinciaTawi-Tawi
ArquipélagoArquipélago Sulu
Marmar de Sulu
Coordenadas5°12′0″N 120°0′0″L / 5.20000, -120.00000Coordenadas: 5°12′0″N 120°0′0″L / 5.20000, -120.00000
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie580´5 km²
Longura máxima55 km.
Largura máxima23 km.
Perímetro152´2
Punto máis alto535 m. Monte Sibangkat
Demografía
Poboación82.582 (2010)
Densidade142´3 hab./km²

Tawi-Tawi ten unha superficie de 580´5 km², polo que é a vixésima illa máis grande de Filipinas, e a 3ª illa máis grande do arquipélago de Sulu (logo de Basilán e Joló). Ten unha lonxitude costeira de 152´2 km, e unha elevación máxima de 549 m.[2]

A illa Tawi-Tawi é de orixe volcánica e ten forma irregular, con arredor de 55 km de longo e entre 10 a 23 km de largo. É montañosa e moi boscosa, con salpicaduras de praias de area branca e costas rochosas.

A illa subdivídese en 4 municipios (Bongao, Languyan, Panglima Sugala, e Tandubas). Os habitantes son na súa maioría son do pobo Sama, falando a lingua Sama-Bajaw e de relixión musulmán.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Tawi Tawi". www.britannica.com. Encyclopædia Britannica, Inc. Consultado o 29 August 2014. 
  2. "Islands of Philippines". Island Directory. United Nations Environment Programme. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2019. Consultado o 29 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar